As persoas xa non importan!


Vivimos nunha época complexa. Igual sempre foi así. Do que estou seguro é que cada un de nós estamos librando unha batalla, cada un a súa. Hoxe estou na obriga moral de falar da situación de José Manuel, o conserxe do CEIP de Baiñas, unha escoliña rural do Concello de Vimianzo.

Para aqueles que xa o coñecedes, pouco podo mellorar a imaxe que xa tedes del, pois é un veciño benquerido por todos, fundamentalmente polos rapaces e os xa non tan rapaces que pasaron por esta escola e os que estamos ligados a ela. José Manuel comezou a traballar neste centro no ano 1990 e de maneira interrompida ata a actualidade. Foron moitos os aloumiños que deu aos máis cativos e cativas. Sempre atento cos pais e cos docentes desta escola. Unha magnífica persoa que contaxia a súa tenrura por todo o centro, sempre disposto a axudar e colaborar.

A pesar de levar tantos anos de traballo no centro, a súa contratación conformouse ata o momento a base de concursos administrativos que o Concello de Vimianzo foi publicando periodicamente. En demasiadas ocasións, a Administración emprega este procedemento, en vez de facer unha contratación indefinida. Nunha empresa privada isto sería ilegal, pero a Administración así o fai. Desde a década dos 90, no Concello de Vimianzo tempo tiveron para facelo doutro xeito, pero non foi así. Estaría ben que se tivera contemplado a posibilidade de contratalo de maneira indefinida e non chegar a esta situación. Debería corrixirse esta inxustiza, xa que as consecuencias non só afectan a José Manuel, senón tamén a toda a comunidade educativa, especialmente, aos pequechos, que só con pensar en que non o van a ter alí preto, éncheselle a cara de tristura, tal como puiden ver onte reflectido nos meus cativos.

Parece que as persoas xa non importan! Son as empresas, os balances, os contratos, reducir os costos ata que saia a prezo de ganga. Apertar a xente ata que quede abafada.

Un erro de forma na súa oferta no concurso administrativo, déixao fóra do seu posto de traballo, na peor etapa para perdelo. Se as cousas non mudan, José Manuel xa non será esa mestura entre pai e avó de todos os nenos e nenas deste centro, quen sempre nos axuda, e ao que estou e estarei enormemente agradecido, como todos os pais e profesorado do centro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
11 votos
Tags
Comentarios

As persoas xa non importan!