Reaberto o prazo de inscripción nos ciclos do IES Terra de Soneira

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

XAIME RAMALLAL

Datas a ter en conta: 23 de xullo, en primeiro lugar, e do 28 ao 31, en segundo

18 jul 2019 . Actualizado a las 20:16 h.

O Instituto de Ensino Secundaria Terra de Soneira de Vimianzo informa de que se veñen de liberar prazas para a matricula nos Ciclos Formativos, Medio e Superior, da Familia de Administración e Finanzas. O primeiro prazo de matrícula remata o día 23 de xullo e o segundo prazo vai dende o 28 ao 31 de xullo, ambos incluídos. Ámbolos ciclos contan con 2000 horas de formación, equivalentes a dous cursos académicos, que inclúen un período de prácticas laborais en empresas. O IES Terra de Soneira ten asinados convenios de colaboración cun amplo abano de empresas da comarca, o que lle permite garantir ao seualumnado as prácticas asociadas aos ciclos, así como unha moi alta inserción laboral.