Vai co cargo: máis preguntas


-Quen foi a primeira persoa en felicitalo trala sesión de investidura?

-Pichurri.

-E a primeira chamada de teléfono?

-Meu padriño, que estaba no pleno de investidura de Mónica [Rodríguez] en Vimianzo, porque eu teño moita parte da familia alí.

-Empregará coche propio ou do Concello para os seus desprazamentos?

-Temos coche. Por exemplo, este día para ir ao da Bandeira Azul fomos no coche do Concello, pero se vou eu soa, vou no meu.

-Como leva o do vestir? Pensa renovar vestiario?

-Nos actos e iso vou tratar de levar sempre algo de encaixe. Pichurri iso facíao moi ben e como xa andaba todos os días de traxe, porque se sentía cómodo así, nunca o collían de imprevisto.

-Quen escolle a roupa cando vai mercar?

-Eu, evidentemente, aínda que ás veces tamén teño algo de asesoramento de miña nai.

-Terá tempo para facer exercicio?

-Non lle podo meter a culpa á alcaldía, porque a verdade é que xa non o facía.

-Irá de vacacións este verán?

-O sábado da Barca vou coller unha semaniña coma sempre. Máis non podo porque como tamén teño o do hotel teño que andar por aquí, porque sempre recorren a min un pouco para todo.

-Que lle falta ao seu despacho?

-Ao meu despacho non, ao Concello enteiro, que xa sabes ben como está. Faille falta un ascensor, pintar, quitar a moqueta...

-Que tiraría do que hai?

-Está todo moi mal, vello, deteriorado. Fainos falta unha zona de arquivo porque calquera día vai un coller un papel e cáelle todo por enriba.

-Con quen manterá a primeira entrevista de traballo?

-Espero que co presidente da Deputación. A nivel local xa tiven cos concelleiros, asociación de veciños de Camelle, asociación de empresarios, os do fútbol, os do Carme,... o despacho é un fervedoiro...

-Vai seguir levando a Mostra directamente?

-Non, vai ser Encarna [Liñeiro] a concelleira delegada, aínda que ao longo do mandato non descarto que poida pasar a Lara [Pasantes], que sempre lle fixo moita ilusión e agora mesmo non pode por temas familiares.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Vai co cargo: máis preguntas