«Para min o pasado é iso, pasado, e tócanos a todos mirar cara ao futuro»

26M: OS NOVOS GOBERNOS | A nova rexedora de Vimianzo, a socialista Mónica Rodríguez, asegura que tratará de chegar a acordos tanto co PP coma con Adiante Vimianzo para sacar propostas


cee / La Voz

Mónica Rodríguez Ordóñez, con 41 anos, está tamén entre os máis novos nas alcaldías da Costa da Morte. Técnica de administración na construtora familiar e sobriña do exalcalde Alejandro Rodríguez, forxouse nos últimos oito anos de duro combate dende a oposición cos gobernos de Manuel Antelo. Logrou que o PSOE local se recompuxese arredor dela, e acadou un resultado espectacular que poucos lle auguraban. Agora ten por diante a difícil tarefa de gobernar sen maioría.

-Contaba ser alcaldesa cando se sentou no pleno o sábado?

-Non as tiña todas comigo. Sobre iso quería aclarar unha cousa, porque me parece que hai xente do PP que se molestou por unha carta da nosa secretaria xeral. O único que pretendiamos, sobre todo en relación con Adiante Vimianzo, é que se fose consecuente, que se respectasen os resultados das eleccións e máis responsabilidade. Por iso que se alguén se sentiu ofendido pídolle desculpas.

-Con quen ve máis doado entenderse, con Raquel ou con Antelo?

-Nós imos abrirnos a ambas as formacións. Nos próximos días vounos chamar a ambos, porque a verdade é que ata o de agora non tiven un minuto. Temos intención de chegar a acordos con todos. Para min o pasado é iso, pasado, e penso que nos toca a todos mirar o presente e mais cara ao futuro. Calquera proposta que fagamos vai ser sempre pensando en Vimianzo, e creo que son dúas persoas responsables coas que podemos chegar a un entendemento.

-Como reconstruíron a unidade do PSOE na localidade?

-Aí tivo e ten un papel de vital importancia a nosa secretaria xeral, Paula Mouzo, polo seu traballo, pola súa xenerosidade e porque segue traballando a día de hoxe coma unha concelleira máis. Tamén os afiliados que había e mailos meus compañeiros dos independentes. Levamos un ano e pico con ese labor de integración, houbo moi boa vontade por parte de todos e de 15 ou 20 afiliados que eramos agora estamos nos 80. Penso que temos unha moi boa guía para seguir traballando.

-Como pensa traballar coas asociacións do concello?

-Para min teñen moitísimo valor e son un potencial fundamental, porque atopar hoxe alguén que queira loitar, arrimar o ombro como se di, para que, por exemplo, na súa parroquia haxa unha festa, ten moito valor. Penso que teñen e van ter un papel moi importante para encher de actividade a Casa da Cultura e outros moitos espazos do concello, porque todo isto só se consegue co esforzo de moitas persoas. De feito xa tiven varias reunións con algunha delas, como por exemplo a do Asalto, que xa o temos aí enriba e temos que facer moitas cousas para que Vimianzo luza a súa mellor cara nos próximos días.

-Que lle dixo seu tío?

-Para min foi toda unha sorpresa que estivese alí no pleno o outro día, porque nin sequera sabía que o ían levar. Sabedes que está nun estado de saúde moi delicado e apenas sae, por iso me supuxo unha inmensa alegría velo alí. Pero dicirme non me dixo moito. O único que me dixo meu tío foi: «Moniquiña, cos pés na terra e a traballar por Vimianzo».

Vai co cargo: máis preguntas

-Quen foi a primeira persoa en felicitala trala sesión de investidura?

-Paula Mouzo.

-E a primeira chamada de teléfono?

-Buff... Non sei nin cantas chamadas tiña. Así de políticos, a primeira foi Sandra de Camariñas. Despois chamoume tamén moita xente do partido: Pequeño, Lage...

-Empregará coche propio ou do Concello para os seus desprazamentos?

-Temos coche municipal e vouno empregar, buscando a fórmula que sexa menos custosa para o Concello.

-Como leva o do vestir? Pensa renovar vestiario?

-Non. Penso que son a mesma Mónica de antes do día 15.

-Quen escolle a roupa cando vai mercar?

-Mónica.

-Terá tempo para facer exercicio?

-Non. Xa non era algo que fixese con moita frecuencia, pero vendo a carga de traballo que hai aquí paréceme bastante difícil.

-Vai seguir na ANPA?

-Vou poñer o meu cargo a disposición da xunta directiva e farei o que decidan os compañeiros.

-Irá de vacacións este verán?

-Non. Temos moito traballo.

-Que lle falta ao seu despacho?

-Un pouco de colorido. Non me quero repetir, pero penso que un toque feminino, que lle dea así algo de alegría, porque é o despacho do alcalde de Vimianzo, neste caso da alcaldesa, e penso que ten que estar arranxado cun pouco de gusto. Agora mesmo está bastante triste porque o anterior alcalde retirou os cadros que tiña cedidos e fáltalle iso, algo de cor.

-Que tiraría do que hai?

-Nada.

-Con quen manterá a primeira entrevista de traballo?

-Xa mantiven varias con veciños, asociacións, comisións de festas, urbanismo... e penso que me presentei de maneira así digamos que máis oficial en case todos os departamentos do Concello. Unha das que teño pendentes, estou á espera de que o Goberno central se reestruture, é precisamente polo tema do polígono, para ver se mantén o compromiso que tiñamos da rebaixa do prezo das parcelas.

Los retos

Una nueva imagen. Rodríguez asegura que, en el plazo más inmediato uno de los retos principales es conseguir «unha mellor imaxe de Vimianzo», sobre todo de cara al inminente Asalto ao Castelo. Para ello han puesto en marcha el servicio de Obras y mantenimiento para realizar, sobre todo, actuaciones de jardinería en Fonte dos Cabalos, Praza do Concello, Praza da Igrexa y el entorno de la piscina y del mirador, que están también próximos al núcleo de las celebraciones.

Limpieza de núcleos. «É algo que me preocupa verdadeiramente porque temos o mes de xullo á porta, o servizo non se contratou e agora a ver como facemos, porque veñen aí as festas de moitas parroquias», señala Rodríguez, que incluye también en esas necesidades inmediatas la puesta en marcha de las actividades de verano. Esos asuntos de gestión diaria, en los que reconoce que todavía es novata, junto con la atención a vecinos y colectivos es lo que más tiempo le ha quitado en estas primeras jornadas, que se alargan hasta bien entrada la noche, aunque también pretende que sean un signo de su mandato: la atención cercana para dar respuesta a las necesidades de los ciudadanos de Vimianzo.

Urbanismo. Fue una de sus principales críticas desde la oposición, el funcionamiento del servicio de Urbanismo, con lo que quiere cambiar la dinámica lo antes posible. Sobre todo pretende tener «un servizo in situ, en Vimianzo, porque ata o de agora estaba na Coruña», y que funcione con la mayor agilidad posible a la hora de conceder licencias y realizar todo tipo de trámites que son vitales para el crecimiento empresarial, la generación de empleo y la vida diaria de los vecinos.

Polígono. El impulso decidido del parque empresarial está también entre las metas básicas de Rodríguez, que pretende valerse para ello del trabajo que ya inició con el Gobierno central desde la oposición. Viajó a Madrid para mantener reuniones al respecto de la rebaja del precio de las parcelas y la implementación de otras dotaciones con lo que ahora, en cuanto el Ejecutivo esté verdaderamente constituido confía en que se materialicen esos compromisos.

Seguimiento de las obras. Otra de las cuestiones con las que se ha topado la nueva alcaldesa, nada más llegar al cargo, es con un importante número de obras en ejecución, «que se contrataron en maio así a última hora e a salto de mata, co cal queremos garantir a súa continuidade e revisar o proceso de execución», dice Rodríguez, que tiene programado encargarse de esa tarea durante la jornada de hoy, con la realización de varias visitas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Para min o pasado é iso, pasado, e tócanos a todos mirar cara ao futuro»