Mónica Rodríguez: «O despacho do alcalde converteuse nun búnker»

F. Rodríguez / M. López CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

BASILIO BELLO

26M: As municipais | A candidata do PSOE de Vimianzo di que o proceso que integrou a socialistas e independentes «era o natural», tras un paréntese de varios anos

13 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Sete anos despois, e tras liderar a candidatura de Independentes por Vimianzo, Mónica Rodríguez (1977) volve «á casa» e será a aspirante socialista á alcaldía de Vimianzo, trala integración das dúas formación políticas. Apostará, di, polas parroquias e por devolver a Vimianzo «todo o perdido nos últimos anos».

-A que se debe esta volta ás orixes?

-Este proceso de integración era o que tiña que ser: o natural. Houbo un paréntese, é certo, pero agora volvemos á casa. Hai unha satisfacción plena.

-o PSOE obtiña un concelleiro nas pasadas eleccións; Independentes por Vimianzo, dous. Cren que con esta integración lograrán chegar a tres edís?

-Loxicamente iso terá que verse o día 26, pero si que creo que esta integración vai ser moi positiva nos resultados. Estamos traballando para recuperar a ilusión, porque o Partido Socialista levaba uns anos fracturado.

-Como ve a situación política no Concello?

-Desastrosa. Vimianzo perdeu moitas oportunidades nos últimos anos. Temos un equipo de goberno fragmentado, no que o alcalde leva catro anos sen diálogo. Esa falta de contacto e de atención persoal converteron o seu despacho nun búnker. As nosas parroquias están nun absoluto abandono: camiños inaccesibles, prazas cheas de maleza, mobiliario urbano deteriorado e descoidado... Non existe un plan de mantemento, pero isto cambiará se Mónica Rodríguez chega o goberno, posto que será a nosa máxima prioridade, así como o impulsar obradoiros para o fomento do emprego. O urbanismo tamén nos preocupa: leva anos sendo un problema porque non temos técnico municipal e tampouco a praza de secretaría estivo cuberta a tempo completo. A día de hoxe os expedientes están no caixón, e as empresas e familias están desesperadas agardando respostas. Tampouco hai interese polo polígono.

-Cales son as propostas do Partido Socialista?

-Loitaremos polas 14 parroquias: non haberá veciños de primeira nin de segunda. Non nos vale o que se estivo facendo neste último mes: estar con carretillos de masa e colocando farois. O asociacionismo será un piar no noso goberno, así como os servizos sociais, o comercio, o turismo e o sector primario.

A favor / En contra

  • Cadea perpetua revisable: A favor
  • Aborto: A favor, con matices
  • Investigados nas listas: Respecto a presunción de inocencia
  • Traslado de restos de Franco: A favor, pero non é prioritario
  • Referendo Cataluña: Cumprir a lei
  • Acollida refuxiados: Con condicións
  • Eutanasia: A favor
  • Cambio lei violencia xénero: Sempre que sexa para mellor
  • Prohibición fumar praias e piscinas: En contra, pero con precaucións
  • Casco urbano a 30 km/h: En contra, só en determinados sitios

Preferencias

  • A que hora se ergue?: Sobre as 7.45
  • Que almorza?: Café e tostas
  • Prato preferido: Xudías con polo
  • Que non comería?: Creo que caracois
  • Bebida preferida: Auga e café
  • Equipo de fútbol: Non o sigo, pero apoio aos locais
  • Que coche ten?: Un familiar
  • Unha afección: Viaxar
  • Un lugar: Teño debilidade por Castrobuxán
  • Que tarefas de fogar realiza?: De todo, pero compártoas co marido

Artes e letras

  • Escritor favorito: Manuel Rivas
  • Último libro que leu: Eres mi apuesta, da miña veciña Mirian Blanco
  • Última película que viu: Dumbo, coa miña filla
  • Un artista: Leonardo Da Vinci
  • Un actor: Luís Tosar
  • Unha actriz: Angelina Jolie
  • Un cantante: Alejandro Sanz e Irma Macías
  • Tipo de música: Latina
  • Deporte que practica: Non é o meu forte, pero gústame camiñar
  • Unha viaxe pendente: Moitas [ri], pero Singapur

A listaxe

1. Mónica Rodríguez Ordóñez

2. Víctor Manuel Muíño Ramos

3. María José Pose Pérez

4. Miguel Ángel Pérez Méndez

5. Rosa Blanco Lema

6. MarioAndújarMouzo

7. Manuel Pose Tomé

8. SergioMiñonesOanes

9. Josefa Campos Villar

10. Paula MouzoMaceiras

11. José Antonio MiñonesRiveiro

12. Ismael Quintáns Pose

13. Irene Blanco Blanco

Suplentes:

Martín Rego Pose, Adriana Lema Pérez, José Pérez Pérez, José Antonio Espasandín Trillo, Paula Touriñán Lema, Jesús Martínez Barreiro, María del Pilar Mouzo Domínguez, Rocío Pose Izcara, Manuel Pérez Ferrín, José Manuel Lema Miñones.