Vimianzo fai a Revolta das Letras: festival Neghra Sombra

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Ana Garcia

Dende as cinco da tarde, no Agro de Trasariz, haberá música, literatura... O pregón, a cargo da muxiá Viki Rivadulla. En Lires (Cee), celebran pola súa banda o festival Pedras Miúdas

11 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • A partir das 17.00 horas • Chegou o día da segunda edición do festival Neghra Sombra en Vimianzo, unha aposta pola música, polo teatro, pola literatura e, sobre todo, pola implicación de todas as idades para festexar as Letras a xeito de «revolta». ¿Onde? Nunha carpa con tres escenarios situada no Agro de Trasariz, no exterior da Casa da Cultura. Dende as 17.00 horas en adiante revivirase o espírito do Batatallón Literario cun bo número de nomes (Davide e Estevo Creus, Vicente de Souza, Elan Busto, María Lado, Lucía Aldao...) e, a iso das 17.20, arrincará a música e a palabra no Escenario Rosalía de Castro: Trampulleiro, pregón de Viki Rivadulla (17.50), Irma Macías e Antía Ameixeiras (17.55), Oîma (18.30), Flow do Toxo (20.30), Pelepau (22.40), Monoulious DOP (00.45) e Almánimal (02.15).

Doutro lado, polo Escenario Antón Fraguas irán pasando Apatacón (19.30), Improvisóns (21.45), Leo Arremecághona (23.55) e Feral Booty (03.00). No Escanario Infantil Carvalho Calvero, os nenos terán desde as cinco obradoiros varios, malabares e tamén baile tradicional.

Sexto festival de baile tradicional Pedras Miúdas

Hoxe • A partir das 17.30 horas • Riba das Eiras (Lires, Cee) • Os grupos Breogán de Brens, Baile Nerio de Corcubión e Pedras Miúdas de Lires tomarán parte hoxe no sexto Festival de Baile Tradicional Pedras Miúdas, que se celebra nesta última localidade. Tamén está prevista a presenza das Xaviñanas de Corcubión.