Vimianzo fará una gran Revolta das Letras co festival Neghra Sombra

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

JORGE PARRI

Será o sábado 11 de maio e vén de darse a coñecer o menú integro de propostas

23 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado 11 de maio • O groso do programa xa se tiña avanzado hai uns días, mais a asociación cultural Cherinkas vén de detallar o programa completo do festival Neghra Sombra de Vimianzo, previsto para o sábado 11 de maio como un gran Revolta das Letras. Teñen para iso a colaboración da asociación feminista vimiancesa As Curandeiras, do Concello e tamén da Deputación.

Nesta segunda edición do encontro, que se levará a cabo nunha carpa instalada no Agro de Trasariz, no exterior da Casa da Cultura, haberá tres escenarios diferenciados para as diferentes propostas. Multiplícase, ademais, o número de creadores literarios, querendo revivir o espírito daquel Batallón Literario da Costa da Morte: Lola Canosa, Adhara Caamaño, Davide Creus, Estevo Creus, Suso Bahamonde, Vicente de Souza, Alberto Lema, Elena Busto, María Lado, Lucía Aldao, Lola Schutz, Rocío Leira, Daniel Salgado, Lëo KCh, Suso Lista...

Dende as 17.00 horas

O grupo funk local Trampulleiro e o pregón da artista muxiá Viki Rivadulla darán por iniciado o festival ás 17.00 horas. Polo escenario principal, Rosalía de Castro, irán pasando Irma Macías, Antía Ameixeiras, Oîma, Flow do toxo, Pelepau, Monoulious DOP e Almánimal. As propostas teñen como fin a posta en valor da lingua galega en diferentes ámbitos culturais. Ese é o sentido, tamén, do escenario Antón Fraguas, centrado en espectáculos de menor formato: Vero Rilo e Faia Díaz, Improvisóns, Leo Arremecághona e Feral Boty. Finalmente, no escenario infantil Carballo Calero, haberá actividades de balde para os pequenos.