Volverá a Neghra Sombra a Vimianzo: festival o sábado 11 de maio

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Oîma, Pelepau, Apatacón, Feral Booty... son algunhas das confirmacións xa feitas pola organización

20 abr 2019 . Actualizado a las 22:13 h.

O festival Neghra Sombra de Vimianzo xa ten data de celebración (sábado 11 de maio) e unha boa morea de artistas convidados e confirmados. Todos eles irán pasando pola carpa instalada no Agro de Trasariz, ao lado da Casa da Cultura. Así, celebraranse as Letras Galegas 2019 con Almánimal, Monoulious DOP, Irma Macías e Antía Ameixeiras, Pelepau, Oîma, Flow de Toxo, Trampulleiro, Apatacón, Improvisons, Leo Arremecághona ou Feral Booty. En vindeiros días irán chegando máis novidades, seguramente.