Sheyla Fariña: «Oxalá 'Invisibles' fose unha historia inventada, ficción»

V. Couto, P. Blanco CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Tres premios María Casares ten esta obra arredor da violencia de xénero, que se verá hoxe en Vimianzo. Non é a única proposta teatral da xornada: tamén haberá dramaturxia en Laxe, Baio e Cee: ¡bótalle un ollo!

30 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

«Invisibles», de Redrum Teatro, é a proposta para hoxe na Casa da Cultura de Vimianzo (21.00 horas, entradas a 5 euros -2,5 a reducida-). Dirixida por Marián Bañobre, permitirá ver no escenario á gran Mela Casal, a Nieves Rodríguez e a Sheyla Fariña (Tordoia, 1986). Falou esta última en Radio Voz.

-Falamos dunha adaptación da novela de Montse Fajardo, varias historias co fío común da violencia de xénero.

-Exacto. Sete historias reais, e galegas. É duro o achegamento que hai que facer e, sobre todo, pensar na violencia de xénero independentemente de que esteas arriba ou abaixo do escenario. Oxalá «Invisibles» fose unha historia inventada, unha novela de ficción. A parte dura, como cidadá e como muller, está en facernos conscientes de que isto segue a pasar. Estamos interpretando a mulleres reais. Algunhas das súas familias puideron ver o espectáculo, e por iso hai nervio, compromiso. O espectáculo está creado dende a necesidade de visibilizar un problema. Hai xente que me di: «Sheyla, tiveches a idea no mellor momento, porque agora está en boca de todo o mundo». É terrible escoitar algo así porque o meu compromiso con este tema non ten que ver co momento que vivimos. Oxalá non sentise a necesidade de que «Invisibles» tivese que ser vista.

-Quere facer visibles a determinadas persoas, situacións?

-«Invisibles» é un berro de denuncia. Quere visibilizar a problemática e, tamén, o bando opresor. As mulleres ás que damos vida son heroínas que levantaron a voz e contaron a súa historia a través dun libro. Fálase moito, e hai que falar, das vítimas, pero a eles non se lles pon o ollo, aparecen protexidos.

-Teatro comprometido.

-Todo o equipo partimos de aí. Sempre digo que isto foi unha cadea de mulleres. Llerena Perozo, unha amiga, subiu unha foto do libro de Montse Fajardo. Eu merqueino, logo contactei con ela, máis tarde coa concelleira de Igualdade de Pontevedra, Carmen Fouces; con Rosa Campos, directora do CIM pontevedrés... Uníronse Nieves Rodríguez, Mela Casal, Marián Bañobre, Laura Iturralde na iluminación... Tamén o público exerce con nós un compromiso, porque hai que querer ver «Invisibles» para vela ata o final, para deixarse emocionar e quedar para o aplauso cando remata.

-Como é esa acollida?

-Bastante boa. Lembro cando me lancei coa idea. Afortunadamente fun un pouquiño inconsciente, pero, cando o equipo dixo que si, o Concello de Pontevedra, o Centro Dramático Galego e Redrum que si tamén para financiar o traballo... Guau! Cantas veces se unen todos os ingredientes? Eu tiña toda a confianza no equipo. Dende algúns concellos comprometidos recibimos unha resposta moi favorable e tamén o público ten esa resposta amable, incluso en prazas onde ao mellor a programación teatral non é moita: quedan ata o final para saudarnos, para falar. Mela e Nieves son xa moi coñecidas, e quizais eu non tanto, pero varias veces me pararon por coñecerme de «Invisibles» e iso é moi satisfactorio. Estou orgullosa, emocionada e moi agradecida.

-E emocionadas estarán por eses tres María Casares para este espectáculo: o de adaptación-tradución para Marián Bañobre e Santi Cortegoso, o de dirección para Bañobre e o de iluminación para Laura Iturralde.

-Moito. «Invisibles» non é un espectáculo feito pensando en premios, pero aínda así son alegrías. Loitamos dende a reclamación da igualdade e o feito de que Laura Iturralde sexa a primeira muller que recibe o premio á mellor iluminación xa me parece unha reivindicación importante. Todo un orgullo telos no equipo, estou feliz. Chorei moito na gala, de verdade: Marián fixo un traballo tan impresionante, tan bo, tan duro... Era a primeira vez que dirixía unha obra de teatro profesional, e destas características. Creo que o teatro galego merece máis pezas dirixidas por ela.

El resto de las propuestas teatrales para este sábado 

ANA GARCIA

«Facede o favor... pensade», la tercera obra de As Avoas

Hoy • 20.00 horas • Salón de actos • Gratuito • «Facede o favor... pensade» es el tercer espectáculo del grupo As Avoas de Laxe, una reflexión sobre comportamientos machistas y la fortaleza de las mujeres del rural. En la función habrá colaboraciones de la Escola Municipal de Teatro y del grupo As Juapas. Diez escenas breves.

BASILIO BELLO

«Saaabor!», una cita para disfrutar en familia

Hoy • 18.00 horas • Casa da Cultura • Entradas a 3 y 2 euros • A través de la Rede Galega de Teatros e Auditorios recala hoy en Cee el espectáculo «Saaabor!», de Culturactiva. Magia, ritmo, humor, música y participación del público con Fran Rey y Félix Rodríguez, dirigidos por Avelino González.

ALBERTO LÓPEZ

Una comedia musical en la Mostra Labarta Pose

Hoy • 21.30 horas • Auditorio de Baio • Gratuito • Turno de una comedia musical, «Bolboretas: a vinganza» con la compañía Pinchacarneiro Teatro, de Noia. Es la segunda parada de la Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, a la que acudirá un grupo de usuarios de Down Pontevedra Xuntos.