Carballo / La Voz

Marcos, de Pontevedra, comezou a facer encaixe de bolillos hai uns tres anos. Primeiro cunha profesora, e despois ao abeiro dunha asociación local de encaixeiras. Dende que se iniciou neste arte acudiu sempre á chamada das Nemanquiñas, a Xuntanza de Palilleiras de Vimianzo, onde onte se congregaron medio millar de encaixeiras. Na súa maioría mulleres, mais algún home tamén se sumou, como o propio Marcos. «É difícil iso que fas?», pregúntaselle. «¡Qué va!», contesta de seguido. «Es más fácil que cocinar. El bolillo puedes deshacerlo si te equivocas; la cocina, no», engade.

Máis de cincocentas persoas déronse cita onte no pavillón vimiancés dende as dez da mañá. As copiosas chuvias da noite anterior, que chegaron a inundar varias rúas da localidade, non impediron que o traqueteo dos palillos inundase o recinto. «Hai que ter moito valor para organizar todo isto despois do de onte á noite», dicía o rexedor, Manuel Antelo, durante a presentación do acto, e antes de congratular ás Nemanquiñas polo seu labor, e antes tamén de saudar a Sandra Insua: «Habemos saudar a unha persoa que nos acompañou durante moitos anos como tenente de alcalde, e que agora é a flamante alcaldesa de Camariñas». Quixo tamén o alcalde salientar a relevancia histórica do encaixe, como unha saída económica para moitas familias sen demasiados recursos.

Secundou a idea a presidenta das Nemanquiñas, Lourdes Lema, quen agradeceu tamén aos comercios colaboradores na cita, encargados de doar numerosos agasallos para repartir entre os asistentes. Na súa man estivo tamén un dos momentos máis emotivos da mañá, o recoñecemento a Ernesta Miñones Vázquez «polo ben que se portou con nós. Vai facer 25 anos que nos asociamos e foi a primeira que se presentou», sinalou.

A comida de confraternidade coas cincocentas encaixeiras, chegadas de ducias de puntos de Galicia, celebrouse no restaurante Pastoriza.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«Es bastante más fácil palillar que cocinar»