Os San Martiño de Normalización Lingüística elixen a Xosé María Lema por toda a súa traxectoria

La Voz A ESTRADA/ LA VOZ

VIMIANZO

BASILIO BELLO

Os premios, convocados pola asociación cultural O Brado, distinguen o traballo feito pola normalización do galego

27 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os premios San Martiño de Normalización Lingüística premiarán na súa edición deste ano o labor do poeta estradense Manuel Pereira Valcárcel, da cantante Uxía Senlle e do mestre e escritor Xosé María Lema.

Os premios, convocados pola asociación cultural O Brado, distinguen o traballo feito pola normalización do galego na Estrada e a comarca de Tabeirós- Terra de Montes, en Galicia e tamén as traxectorias vitais de compromiso.

Na modalidade de A Estrada e comarca, o premiado é desta volta Manuel Pereira Valcárcel. Poeta estradense, nado en Ouzande é residente en Madrid. A cantante Uxía Senlle é a merecedora do premio San Martiño 2018 na categoría Galicia Enteira. Uxía é unha das cantantes máis importantes e renovadoras da música tradicional galega.

O premio á normalización durante toda unha vida é para Xosé María Lema Suárez, catedrático de Xeografía e Historia e autor dunha ampla obra relacionada coa historia da arte, a etnografía, a lexicografía, a lingüística e a onomástica. Ten recibido, entre

outros, os premios Pedrón de Ouro de Etnografía (1976) e o Antón Losada Diéguez de Investigación (1994). É membro da Real Academia Galega e do Museo do Pobo Galego e foi profesor colaborador do Instituto da Lingua Galega e da Dirección Xeral de Política Lingüística. A novela Costa do Solpor (Premio da Crítica 2014) foi aplaudida como segunda parte de A illa do tesouro.

Xosé María Lema é nativo de Vimianzo e reside actualmente en Teo. Sen embargo, a súa historia está estreitamente vencellada á Estrada, a onde chegou no ano 1982 para dar clase no instituto que co tempo chegou a ser o IES Antón Losada Diéguez. Precisamente o bautismo do centro ten moito que ver con Xosé María Lema. Estando él na directiva, en tempos do alcalde Manuel Reimóndez, foi cando se decidiu poñerlle tal nome ó instituto.

Foi no 1985, o ano no que se lle dedicou a Antón Losada o Día das Letras Galegas. De Reimóndez Portela, ao que coñeceu persoalmente, Lema garda un gran recordo. «Foi todo un señor». No 2010 foi o gañador do premio xornalístico que leva o seu nome con artigos en defensa do galego,