«Son máis de montaña, aínda que teño as dúas bicicletas»

Cárnicos Domínguez, con sede física en Baíñas, patrocina dende hai anos o Día da Bicicleta de Vimianzo. Cóntao Vicente Domínguez, o seu xerente

.

«Somos contados, así que se falla un os outros xa non van e acabamos por non xogar», di Vicente Domínguez, xerente de Cárnicos Domínguez, acerca dos seus domingos de fútbol sala. É precisamente este deporte o que fai que se perda o próximo Día da Bicicleta de Vimianzo, aínda que iso non significa a retirada do seu incondicional apoio á cita. «É importante promover a práctica deste deporte, sobre todo entre os máis cativos».

Persoalmente nunca foi moito de bicicletas: «De pequenos todos andamos na bici, pero non foi ata hai cousa de dous ou tres anos cando comecei a practicalo máis», di, e dende entón mesmo adquiriu unha para cada ambiente. «Son máis de montaña -por pistas asfaltadas, non vaias pensar [ri]- aínda que teño as dúas bicicletas, a de estrada tamén», engade.

Por desgraza o volume de traballo que xestiona en Cárnicos Domínguez provocou que neste último ano non estivese tan activo como realmente lle gustaría. É deportista, di, «e se puidera e tivera máis tempo, máis o sería aínda», polo que o apoio a unha cita como esta é máis que axeitado. Para o domingo agarda boa aceptación, «e que, por suposto, faga bo tempo», di o empresario.

Todo aquel que desexe tomar parte na cita pode anotarse no Concello de Vimianzo ata o venres, ou ben no lugar de saída, o mesmo día da proba. Concentración ás 10.15, saída ás 11.00 horas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Son máis de montaña, aínda que teño as dúas bicicletas»