Vimianzo avanza pola senda da cultura sumándose á Rede Galega de Teatros

Leo Bassi, Luis Zahera, Talía e Cándido Pazó, entre os convidados do novo programa


Carballo / La Voz

Hai xa algún tempo que os veciños de Vimianzo poden presumir dunha das ofertas culturais máis estables e atractivas da comarca. Agora o Concello dá un paso máis nesa dirección incorporándose á Rede Galega de Teatros e Auditorios e accedendo así a unha programación cofinanciada pola Agadic que permitirá que pola Casa da Cultura pasen algúns dos artistas e das compañías máis destacadas da escena galega.

Esta novidade xa se deixa ver na programación para os meses de febreiro, marzo, abril e maio presentada onte polo alcalde, Manuel Antelo, e a concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade, Marta Rey, e na que a rede autonómica aporta seis propostas: as de Xoré Teatro (con Pementeiras), Luis Zahera, Talía (que levará a Vimianzo a súa nova obra, Foucellas, pendente aínda de estrea), o Mago Antón, Ibuprofeno Teatro (A filla de Woody Allen) e Cándido Pazó (Memorias das memorias dun neno labrego). Nos seis casos o público deberá abonar entrada, pero a un módico prezo (2,5 euros, salvo no caso de Talía, que serán 3,5).

O resto da programación será gratuíta, como en ciclos anteriores e incluirá outros destacados creadores como o cómico o italiano Leo Bassi ou Quico Cadaval, ademais de compañías xa coñecidas polo público vimiancés como Os Quinquilláns ou Daboapipa. Os actos comezarán xa este sábado con Tanxarina.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Vimianzo avanza pola senda da cultura sumándose á Rede Galega de Teatros