O programa, en detalle

Dende agora ata xuño, haberá moi diversos espectáculos


Febreiro pequeneiro

Sábado 13. «A casa do Avó». Tanxarina abrirá este sábado o programa cun espectáculo de monicreques protagonizado por Eduardo Rodríguez, Miguel Borines e Andrés Giráldez. 18.30. Gratis.

Sábado 20. «Espantallo amigo». Lucho Penabade e Tero Rodríguez dan vida ás personaxes desta adaptación que Os Quinquilláns realizaron da obra de Xosé Neira Vilas. 18.30 horas. Gratis.

Sábado 27. «A xogar, cantar e bailar» e «Fíos do querer». Cé Orquesta Pantasma pecha os actos de febreiro con dous dos seus espectáculos musicais. 18.30. Gratis.

Marzo lareteiro

Sábado 5. «Pementeiras». Ramón Torrente García é o autor e o director desta obra de Xoré Teatro protagonizada por Ana Domínguez Chouza e Rebeca Oliveira García pensada para por en valor o traballo da muller. 21.00. 2,5 euros.

Sábado 12«Chungo monólogo e Petróleo». O actor Luis Zahera repasa algunhas das experiencias vitais e profesionais que o levaron a interpretar moitos papeis de tipo «chungo». 21.00. 2,5 euros.

Sábado 19. «Almiñas». Tres historias de xente inocente compoñen esta proposta do actor, autor e director Quico Cadaval. 21.00. Gratis.

Abril verdadeiro

Sábado 2. «As Lavandeiras». Vero Rinlo pon a interpretación e Santi Prieto a música a unha obra que recolle o legado de historias e músicas que naceu á beira dos ríos fregando a roupa. 21. Gratis.

Sábado 9«Foucellas». O famoso maquis da nome á nova peza de Talía. Un texto escrito e dirixido por Cándido Pazó e que cobra vida encarnándose en Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo. 21.00. 3,5 euros.

Sábado 16. «Utopía». Leo Bassi, o iconoclasta cómico italiano incluíu Vimianzo na súa nova visita a Galicia. 21 horas. Gratis.

Sábado 23. «Fados». O cine tamén terá un oco neste programa a través da película documental que Carlos Saura lle dedicou á música máis famosa do país veciño. 21. Gratis.

Maio persoeiro

Sábado 7. «Onde está o Mago Antón». O famoso ilusionista visita Vimianzo disposto a sorprender ao público. 21. 2,5 euros.

Sábado 14. «O asombro con Manuel María». Os versos do poeta lucense e de Uxío Novoneyra inspiran esta obra de Fantoches Baj interpretada por Inacio Vilariño (tamén director) e Benxamín Otero. 21 horas. Gratis.

Sábado 21«A filla de Woody Allen». Ibuprofeno Teatro pon en escena unha obra creada por Santiago Cortegoso, Carmela Bueno e Marián Bañobre. 21 horas. 2,5 euros.

Sábado 28«Memorias das memorias dun neno labrego». Cándido Pazó pecha a programación cunha homenaxe escénica ao título clásico de Xosé Neira Vilas. 21.00. 2,5 euros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O programa, en detalle