«Non me esperaba revalidar en Maside o subcampionato galego»

O atleta soneirán mostrou a súa fortaleza no tramo de bicicleta, no que recuperou terreo para rematar forte


David calzas insua subcampión galego de duatlón cross

David Calzas Insua (Vimianzo, 1982) volveu brillar no Campionato Galego de Duatlón Cross, no que rematou segundo ante rivais de moito nivel na dura proba no circuíto de Maside (Ourense). Novamente Calzas demostrou seu potencial, especialmente no tramo de bicicleta, que é a súa especialidade. O atleta soneirán competiu por primeira vez nunha proba destas características no ano 2010 con motivo de proba do Duatlón de Reis, que organizaban un grupo de afeccionados en Vimianzo.

-E, e novo, subcampión galego de duatlón.

-Non me esperaba revalidar en Maside o subcampionato galego. O ano pasado, na miña primeira participación, conseguino en Vigo. Nesta ocasión, Darío Otero, de Santiago; Marcos Mayo e Elpidio Gómez, de Ourense; o luso Bruno Sousa, que está afincado no Carballiño, ou Enrique Morán, de Porriño, poñíanme as cousas moi difíciles.

-¿Como foi a proba?

-No primeiro tramo a pé estiven no grupo cabeceiro, aínda que dous participantes tomaron una lixeira vantaxe. No tramo de bicicleta recuperei terreo e situeime terceiro e pillei ao segundo. Xa no último tramo a pé non fun capaz de dar caza a Darío Otero, co que me volverei a ver na proba de Vimianzo, aínda pendente [será o 21 deste mes] .

-Xogábase o campionato galego, pero tamén a terceira e última proba do circuíto autonómico.

-Certo. En Beariz rematei cuarto e en Poio segundo no circuíto. En Maside fun terceiro no circuíto e segundo no galego.

-¿Cómo se sinte?

-Contento. A proba foi dura e as tres que disputamos do circuíto estiveron moi preto unhas das outras. Non recuperarei as fozas en varios días, pois saír ás seis da mañá e regresar ás seis da tarde tamén se acusa no corpo.

-¿Cantos anos leva competindo en duatlón?

-Sete anos. Todo comezou ca proba de Duatlón de Reis de Vimianzo no ano 2010. Dende ese momento gustoume moito, pois facía bicicleta e corría, pero nunca as dúas cousas á vez. Na proba de Vimianzo nunca gañei. Fun segundo e terceiro, e incluso cuarto. E este ano volverá a ser complicado ao estar o santiagués David Otero, o que revalidou o título autonómico en Maside.

-¿E agora, que fará?

-Participarei nas probas de duatlón e triatlón que se presenten e, claro está, estarei na saída das carreiras populares da Costa da Morte como o fixen os anos pasados. Tampouco descarto competir en un ironman ou calqueira media maratón.

-¿E que tal se lle da o triatlón?

-O problema é a natación. Para adestrar teño que ir a Cee e nese tramo é onde acostumo perder moito tempo. Está claro que o triatlón é outra cousa, pero tamén me guata moito, e por iso compito algunha vez.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Non me esperaba revalidar en Maside o subcampionato galego»