Trinta exalumnos dese centro, da promoción 70-77, gozaron dunha xornada lúdico-cultural pola Costa da Morte
03 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Museo Etnolúdico de Galicia, o Melga de Ponteceso, recibiu o sábado a unhas trinta persoas, todas unidas por ter sido alumnos do Seminario Menor de Santiago. Teñen por tradición unha xornada cultural-lúdica-gastronómica no último sábado de maio, e desta volta tocou na Costa da Morte. Na coordinación, Francisco Bugallo e Xosé Ameixeiras. Estudantes da promoción do 70 ao 77, ningún deles escolleu a vocación relixiosa. As súas profesións foron do máis diversas, tales como as orixes: A Estrada, Boiro, Carballo, Narón, Vimianzo, Malpica, Arzúa, O Grove, Santiago, Sigüeiro, Ordes, A Coruña...
Foron máis de dúas horas de percorrido, e terían sido máis polo interese. Na visita, anécdotas, como o certo paralelismo deportivo entre Pérez y Verdes, guía do museo, e Pablo Bugallo, fillo de Francisco. Salvando, iso si, a distancia do tempo.