De campamento en Ponteceso para «respirar» e conciliar no verán

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Ana García

Dende o vindeiro 29 de abril poderase solicitar praza para escolares de infantil e primaria

23 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

«Respira» é a nova proposta do Concello de Ponteceso no seu plan de apoio ás familias empadroadas, especialmente aquelas con necesidade de conciliación. Trátase dun campamento previsto para xullo e agosto, sen quendas, descentralizado en Cores, Pazos, Ponteceso e Corme. Incluirá varios bloques: educación para a saúde e o consumo, reacción ante accidente, saídas e pequenos roteiros e igualdade a través de xogos educativos.

As actividades levaranse a cabo de luns a venres, de 09.30 a 13.30, a excepción de 25 de xullo e 15 de agosto. Os nenos escolarizados en infantil e primaria terán aberta a inscrición a partir do 29 de maio, acudindo á casa consistorial pola mañá. «O Concello conseguiu varias melloras na nova contratación deste servizo, que foi procedemento aberto, con un 20 % máis de horario e un aumento do número de monitores da actividade», informou o executivo local. Terase en conta ser familia numerosa ou monoparental.