É un dos 18 concellos de Galicia presentes na asociación, presentada en sociedade este luns
21 mar 2022 . Actualizado a las 22:09 h.
O Auditorio de Galicia, en Santiago, acolleu este luns a presentación de Alingua, Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, á que están adheridos, polo momento, case unha vintena de concellos galegos (18, exactamente), entre eles o de Ponteceso. O fin último da cooperativa será desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización lingüística, afrontando os retos do idioma con iniciativas conxuntas e traballo en rede. Preside Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo.
A primeira iniciativa de Alingua é, precisamente, unha campaña de difusión con contidos promocionais en medios e redes, sorteos para restaurantes do Grupo Nove ou a implicación de rostros coñecidos que mostran «a fachenda colectiva» de ter unha lingua propia. Emprega para iso o lema «Alingua aí». «Alingua» porque a asociación nace cun verso paralelo, «alinguar»: «Usar a lingua propia para expresar pensamentos e accións ao tempo que se manifesta unha vontade expresa de autodefinición e afirmación nela e na cultura que vehicula».