María Isabel Varela:«Era a única muller taxista en Ponteceso»

C. D CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

cedida

Sus compañeros la despidieron con una comida sorpresa

21 sep 2020 . Actualizado a las 11:14 h.

Antes de cumprir os 66, María Isabel Varela, coñecida como Maruja, despediuse do seu posto como taxista no PAC de Ponteceso. Un traballo no que relevou ao seu marido fai oito anos.

-Como foi a sorpresa?

-Estivo todo perfecto. Emocioneime porque non sabía nada.

-Como a enganaron?

-Unha das enfermeiras, coa que me levo moi ben, díxome de comer e eu díxenlle que como me gusta moito cociñar preparaba algo na casa. Entón díxome que non, que íamos fóra e levoume o Mar de Ardora. Cheguei e estaban todos os compañeiros.

-Cantos eran?

-Eramos uns doce, separados en distintas mesas polo do covid.

-Botará de menos o taxi?

-Por unha parte dáme mágoa, porque eu lle quero moito ao centro, pero algún día toca parar.

-Era a única taxista muller?

-Hai unha en Cabana, e estaba eu en Ponteceso. Era a única.

-Que plans ten agora?

-Iamos viaxar a Granada, pero polo coronavirus esperaremos.