Teresa Vilanova: «Ninguén nos ensina a xestionar e regular as nosas emocións»

A psicóloga inaugura mañá un novo trimestre do Espazo Educar, no Couto


Carballo / La Voz

Teresa Vilanova será a encargada de abrir a programación do Espazo Educar para este primeiro trimestre do ano, unha listaxe de actividades que foi presentada onte na sede da Fundación Pondal (O Couto, Ponteceso) en presenza de representantes dos centros, de orientadores e das ANPA.

A psicóloga, que recentemente abriu o centro Aqi&Agora en Carballo, está especializada en programas de mindfulness e autocompaixón, conceptos que abordará no taller que impartirá no Couto a partir de mañá, durante catro sesións.

-Que abordará no obradoiro?

-Falaremos do significado e das orixes do mindfulness, da nosa percepción da realidade e do que eu chamo o piloto automático.

-Que é isto último?

-É a atención relacionada coa rede neuronal por defecto: cando entras en bucle co teu propio diálogo autobiográfico. Colles o coche para ir traballar e nin te decatas de por onde pasaches, estaste duchando e non es consciente diso porque xa estás pensando noutras cousas... Sería imposible non ter este piloto automático, pero ao final acaba interferindo co que realmente estás facendo nese momento. O que pretende o mindfulness é levar a atención ao momento presente de xeito intencionado.

-Desbórdanos o estrés.

-Eu sempre digo que hai un estrés bo, ese que che permite facer cousas, moverte e saír da túa zona de confort; pero outra cousa é cando nos vemos desbordados ao estar sometidos a longos períodos de estrés, que está demostrado que ten efectos negativos tanto físicos como psicolóxicos.

-Quedan aínda moitos escépticos que non crean nos efectos negativos do estrés?

-Creo que a día de hoxe todos somos conscientes de que non é algo bo. O que pasa é que o estrés é adaptativo. Hai que intentar desconectar: se se está no traballo, estar no traballo; se se está na casa, estar na casa. O que sucede é que a mente nunca está no presente, sempre está ou ben no pasado ou no futuro.

-Como facer máis eficaz esa desconexión laboral?

-Hai que aprender a xestionar e darse conta de onde se está en cada momento: autorregular. Non hai que entrar nese bucle de diálogo autobiográfico, nin deixarse levar polos pensamentos e as emocións, algo difícil sen un programa de redución do estrés. Hai cousas que poderiamos estar vivindo doutra maneira, gozándoas, pero por supervivencia sempre imos pensar moito máis negativo ca en positivo. Por iso é importante aprender a cultivar o agradecemento.

-Cóidase a saúde mental do mesmo xeito que a física?

-Eu traballo moito co autocoidado antes de caer enfermos: moitas veces non se escoita ao corpo e acábase caendo en enfermidades. Cada vez dáselle máis importancia ao psicolóxico, aínda que eu creo que fai moita falla educación emocional. Moita xente acode a profesionais e pídenlle algo «para deixar de pensar», pero a mente non para de pensar. Ninguén nos ensina a xestionar e regular as nosas emocións. Só desa maneira, creo, se pode empatizar coa persoa que tes diante. Se non se traballa co corpo, coa mente non faremos nada.

A programación do Espazo Educar para os vindeiros meses

Mindfulness

Taller intensivo de mindfullness para redución do estrés. Levarase a cabo mañá xoves, así como o 23 e 30 de xaneiro e o 6 de febreiro. Será nas instalacións da Fundación Eduardo Pondal, de 17.00 a 19.00 horas.

STEM en familia

Sesións para potenciar as habilidades relacionadas coa ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas. Serán os xoves de febreiro e marzo (17.00 a 19.00 horas), para pais e alumnado, co seguinte calendario:

- 13 de febreiro: «Muller e ciencia»

- 20 de febreiro: Robótica, con Gerardo Reino e Maker Store by Allnet.

- 27 de febreiro: Drons, con Xeoclip.

- 5 de marzo: Impresión 3D, con la asociación TADEGa.

- 12 de marzo: Arquitectura. Homenaxe a Domingo Antonio de Andrade. Sistema Lupo.

- 26 de marzo: Matemáticas recreativas, con Ruth Álvarez e Nuria González. Apoio de Crecer Creando.

No CEIP As Forcadas

«O laboratorio de Elena Berenxena», sesións de nutrición da man de Olga Rodríguez Comí. Os días 20, 22, 27 e 29 de febreiro, así como o 3, 5, 10 e 12 de febreiro. Un programa participativo que involucrará a los niños del centro en sesións prácticas e divertidas.

Aínda sen fecha concreta, tamén no centro levarase a cabo una sesión formativa sobre el uso del desfibrilador conseguido pola ANPA do colexio. Participarán proxenitores e profesorado.

Na sede da Fundación

Charla o 31 de xaneiro (16.00) de Juan de Vicente Abad, experto en resolución de conflitos, interculturalidade e convivencia escolar.

Conferencia «Como dar clase aos que non queren», o martes 4 de febreiro (17.00) de Juan Vaello Orts. Ten unha dilatada experiencia como psicopedagogo, orientador, director, inspector e profesor de Psicología (xeral e evolutiva) na UNED.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Teresa Vilanova: «Ninguén nos ensina a xestionar e regular as nosas emocións»