O alcalde, responsable das chapuzas

José Luis Fondo Aguiar TRIBUNA ABERTA

PONTECESO

05 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Adepuradora de Corme e o tanque de tormentas foron adxudicadas polo bipartito. O Concello aportou o terreo para a depuradora, e o tanque de tormentas instalouse na Praza da Ribeira en contra da opinión do Concello, que propoñía un lugar entre a confraría e o acceso ao faro: ese lugar tería que adquirilo a consellería, mentres que a Praza da Ribeira é propiedade de Portos.

Foi adxudicada a unha empresa de Vigo con baixa temeraria, empresa que quebrou, deixando a obra parada e sen acabar. O Goberno de Feijoo, para arranxar a desfeita, adxudicou o que faltaba a Espina Obras Hidráulicas.

O Concello adxudicoulle o mantemento á mesma empresa ata que no 2015 saíse a concurso o novo mantemento do abastecemento e saneamento de Ponteceso, porque remataba o contrato a mediados dese ano. Unha vez que o tripartito tomou posesión, en vez de adxudicar a concesión á empresa que gañara o concurso, rescindiu o contrato á que levaba o mantemento da depuradora, e adxudicoullo a unha empresa de fontanería, presumindo que lle saía moito máis barato.

A empresa que gañase o concurso tería que facerse cargo do tanque de tormentas e, sen embargo, o señor Carballido preferiu criticar ao PP e presumir de que solucionaba un problema no tanque de tormentas. Cantas fotos e medallas saco a conta do tanque! Cantas mentiras! Converténdose en enxeñeiro experto en depuradoras!

O PP nunca lle quixo tocar o tanque ata que en 2015 unha empresa experta se fixese cargo. O señor Carballido saberá o que se fixo no tanque de tormentas, só el e o responsable das chapuzas que alí se fixeron. Presumía estar asesorado por un empresario de Corme experto en abastecemento e saneamento de augas.

Mentres tanto, o servizo de abastecemento e saneamento leva catro anos en precario, sen adxudicar... Debería cambiar de asesor.