Maiores de Vimianzo, de visita no Melga e no Forno do Forte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Na primeira parada puideron lembrar xogos doutro tempo e, na segunda, coñecer o oficio artesá dos oleiros

29 ago 2019 . Actualizado a las 20:56 h.

Este pasado mércores, preto de 60 de persoas maiores que anualmente participan nos talleres de envellecemento activo do concello de Vimianzo fixeron unha visita ao Museo Etnolúdico de Galicia (Ponteceso) e ao tradicional Forno do Forte de Buño, en Malpica. A visita, guiada polo propio director do museo pontecesán, Ricardo Pérez y Verdes, foi organizada polo Concello de Vimianzo e tivo unha duración de dúas horas e media, segundo relatan dende o consistorio. Durante toda a xornada matinal, os participantes tiveron a oportunidade de coñecer e lembrar unha chea de xogos e mesmo practicar algún deles dando lugar a moitos momentos de risas, lembranzas e anécdotas que fixeron que a mañá lles pasara tan rápida, como interesante e entretida, reseñan. «Fue una mañana entrañable y por descontado de muchas emociones encontradas sobre la niñez de muchas personas de las allí presentes, aportando conocimientos sobre el mundo de sus juegos de la tierra de Soneira. La atención fue máxima a las explicaciones, anécdotas, aclaraciones y por supuesto, la participación activa fue intensa en muchos de ellos, con los juegos y deportes propuestos, lógicamente adecuados a sus edades», valora Pérez y Verdes. 

Despois do xantar, a seguinte visita foi a Buño para coñecer o tradicional Forno do Forte. Alí, por medio de grupos guiados, os maiores puideron coñecer todo o proceso de preparación do barro, o forno onde se coce, ademais de gozar dunha da mostra ao vivo dun profesional creando pezas de alfarería. A última hora da tarde, e trala visita ao Forno do Forte, os participantes, que estiveron acompañados durante toda a xornada pola Concelleira de Benestar Social María José Pose e polo monitor dos talleres, Alejandro Trillo, gozaron de tempo libre para visitar e coñecer o pobo, así como a curiosa lámpada de barro da igrexa parroquial.