Diálogos multilingües en torno a Rosalía e o Camiño

Muxía e Ponteceso foron paradas dun bo número de poetas internacionais


Carballo / La Vo z

«Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües» é o nome dun programa que trata de promover a dimensión internacional da cultura galega a través da figura de Rosalía de Castro e do Camiño de Santiago. Durante tres xornadas percorréronse escenarios xacobeos e rosalianos cun grupo de poetas internacionais, levando a cabo unha serie de accións poéticas en diversos idiomas. Xunto con Padrón e Santiago, a Costa da Morte foi unha desas paradas: primeiro en Muxía e logo en O Couto, Ponteceso.

Nesta primeira edición do programa, que ten unha axuda de O Teu Xacobeo, da Xunta, e no que colabora tamén a Fundación Rosalía de Castro -editou un libro coas obras e traducións suxeito do proxecto-, a acción poética corre a cargo do Colectivo de Poetas de Bruxelas, coordinado por Xabier Queipo, e coa participación de Taha Adnan, Frank de Crits, Geert van Istendael, Serge Meurant, Silvia Vainberg, Bart Wonck e Ramón Nieto, entre outros. Na vila da Barca foron recibidos pola edila de Cultura, Mónica Vilela, e tamén por Xan Fernández, patrón da Fundación López AbentEe ou Viki Rivadulla, técnica de Cultura, que os guiou ata o lugar onde se tivera aloxado Rosalia, apoiando con imaxes como era aquela paisaxe presente en «La hija del mar» e que tanto marcou á poeta.

Logo de saír de Muxía, agardaría aos poetas no Couto un salón ateigado de nenos, pais, representantes municipais e da Fundación Pondal. Abraiados, escoitarían recitar en árabe, francés ou alemán, sumándose autores locais á lectura.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Diálogos multilingües en torno a Rosalía e o Camiño