O encontro de Aldeas Singulares aposta por «contaxiar vida» ao rural

Os proxectos da Escola Galega da Paisaxe para O Couto foron sometidos a debate


carballo / La Voz

Álvaro Alfaro, o último relator que participou onte no encontro de Aldeas Singulares da Fundación Pondal, dixo que a principal necesidade para O Couto (Ponteceso) e o rural é «contaxiar vida». A iniciativa centrouse este ano en analizar as propostas xurdidas do recente obradoiro levado a cabo na aldea pontecesá pola Escola Galega da Paisaxe, en colaboración co Instituto Galego do Territorio e a entidade pondaliana. A proposta de Alfaro foi despedida con aplausos. Centrou a súa atención este especialista nos hórreos do Couto, co proxecto dun centro de interpretación.

Natalia Campos e José María Ruiz defenderon as estratexias para atraer habitantes, como reforzar a ruta pondaliana, o Camiño dos Faros, a Costa da Morte como paisaxe natural da Unesco ou recuperar a paisaxe forestal tradicional. Purificación Soto e Adrián Gómez tamén se centraron nos hórreos como punto de referencia e como susceptibles incluso de ser declarados patrimonio da humanidade, a recuperación do contorno natural e as culturas e actividades tradicionais. Jesús Barbeito sorprendeu coa aposta por unha cooperativa do territorio, policultivos, produtos de calidade, consumo de proximidade ou a recuperación de camiños tradicionais. Vicente Gil abordou profusamente a proposta da agroecoloxía, con aposta pola biodiversidade e os programas de formación e asesoramento.

As axentes de desenvolvemento local Rosa Sánchez e María Jiménez, así como José Gabín, líder da Fecóm, Jesús Picallo, presidente de Solpor, José Manuel Pato, promotor do Xeoparque da Costa da Morte, Marta Amado, representante do Camiños dos Faros, e Gumersindo Capelo, Pablo Rodríguez e José Manuel González, da EFA Fonteboa, deron as súas opinións e contrapropostas sobre cada un dos proxectos dados a coñecer onte.

Remontada do Anllóns e ofrenda ao bardo

Logo do 17 de maio máis concorrido dos últimos anos, as Festiletras viviron onte un intre ben especial coa «Branca Vela», o remonte de embarcacións tradicionais polo Anllóns ata a altura da casa de Pondal. Foron recibidos co Himno galego, interpretado con músicos chegados de Betanzos, Caldas de Reis e A Serra de Outes. No monólito ao bardo deseñado por Díaz Pardo levaron a cabo os navegantes una ofrenda (imaxe). 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O encontro de Aldeas Singulares aposta por «contaxiar vida» ao rural