María do Carme Caramés gaña o premio de poesía Eduardo Pondal

O seu traballo, seleccionado por unanimidade, titúlase «Da casa, do mar e das ausencias»


Carballo / La Voz

María do Carme Caramés Gorgal é a gañadora da primeira edición do Premio de Poesía Eduardo Pondal Concello de Ponteceso, convocado dende o consistorio, a Fundación Pondal e Medulia Editorial. O fallo do certame foi dado a coñecer onte, coincidindo coas Letras Galegas, no salón de plenos da terra natal do bardo. Caramés Gorgal presentou un traballo titulado Da casa, do mar e das ausencias, posuidor tamén do lema Verba volant.

Os membros do xurado destacaron a calidade dos textos achegados -trinta manuscritos, dos que catro chegaron a finalistas-, mais escolleron por unanimidade a proposta de María do Carme por considerala a «máis equilibrada e coherente»: «Sobresae pola linguaxe serena, un texto redondo, onde cada palabra está xustificada e encaixa na seguinte, sen distorsións. A pulcritude e a harmonía entre a linguaxe e a estrutura interna deixan a sensación de que nos atopamos cun libro froito dun longo traballo, dun pensamento reflexivo e vivencial». A obra será publicada por Medulia e en breve coñecerase a data de entrega do galardón.

Na imaxe. O fallo do certame. María Luz Imia (Fundación Pondal), Lois García (alcalde), Carlos Penedo (edil) e Diana Varela (Medulia) desvelaron onte o nome. Integraron o xurado (con voto) Teresa Seara, Montserrat Yoldi, Luciano Rodríguez, Miguel Mato e Xulio López. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

María do Carme Caramés gaña o premio de poesía Eduardo Pondal