Pose Verdes: «Non pactaremos nin con Fondo nin con Carballido»

verónica couto / T. Longueira CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Ana Garcia

26-M: AS MUNICIPAIS | «Iso non quere dicir que, en función dos resultados do vindeiro día 26, o fagamos co PSOE ou co PP», dixo o líder de APIN-SON en Ponteceso

10 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

José Manuel Pose Verdes ten 62 anos e volverá a liderar a formación APIN-SON co obxectivo de acadar a alcaldía de Ponteceso.

-En caso de que o vindeiro día 26 se acadasen resultados similares aos de maio de 2015, repetiría formar parte do goberno?

-Hai catro anos, a nosa teima era quitar ao señor Fondo do goberno e lográmolo. E agora en función das posibilidades que teñamos, temos que ter claro que, por unha parte, o señor Carballido xa dixo que non tiña ganas de pactar con ningún grupo, senón cos veciños, e nós temos claro que non pactaremos nin con Fondo nin con Carballido, o cal non quere dicir que non pactemos co PSOE ou co PP.

-Como valora estes catro anos no goberno local?

-Foron moi intensos, duros e con bastantes problemas, aínda que se conseguiron bastantes cousas. Quedaron moitas no tinteiro, pero estamos contentos co traballo feito, tanto polo do meu compañeiro Marco [Varela, de deportes] como do meu.

-Cal é o obxectivo o 26-M?

-Cremos que, polo traballo feito, merecemos que nos apoie máis a xente, non sabemos ata onde. Cremos que debemos subir un pouco, ou un moitiño, na intención de voto, e niso estamos. Temos proxecto de futuro, non grandes ideas, nin grandes proxectos, pero si cousiñas pequenas para que a xente de Ponteceso poida vivir mellor.

-Cal é o programa de APIN-SON?

-Primeiro e o máis importante é que o goberno que saia como resultado das eleccións sexa un goberno que forme equipo, dialogante, que no haxa personalismos por parte dalgunha xente. Pretendo baixar impostos, como o IBI ao 045 e o ICIO, nun 50  %. Para nós non é prioritario facer un centro de día, que parece o tema tabú nestas eleccións, pero si que debemos reforzar o servizo de axuda no fogar e aproveitar vivendas baleiras para convertelas en minicentros de día, que sirvan para que a xente maior poida manter o contacto co lugar onde vive, o que implica unha maior liberdade para os nosos maiores e, polo tanto, un maior arraigo co seu.

A favor / en contra

  • Investigados nas listas: En contra
  • Aborto: A favor
  • Cadea perpetua revisable: En contra
  • Traslado de restos de Franco: A favor
  • Referendo Cataluña: A favor
  • Acollida refuxiados: A favor
  • Eutanasia: A favor
  • Cambio lei violencia xénero: En contra
  • Prohibición fumar praias e piscinas
  • A favor: Casco urbano a 30 km/h: A favor

Preferencias

  • A que hora se ergue? Sobre as 7 da mañá
  • Que almorza? Un café con madalenas e unha peza de froita
  • Prato preferido: Gústame case todo, sobre todo o que cociño eu, que son bo cociñeiro
  • Que non comería? Probo de todo, normalmente
  • Bebida preferida: Unha copiña de viño
  • Equipo de fútbol: Paso, fútbol non
  • Que coche ten? Un Lexus
  • Unha afección: Camiñar, pasear
  • Un lugar: A Barra do Anllóns
  • Que tarefas de fogar realiza? A cociña.

Artes e letras

  • Escritora favorita: Rosalía de Castro
  • Último libro que leu: Estou con Adeus capitán Walton, de Miguel Anxo Mato
  • Última película que viu: Non lembro
  • Un artista: Humphrey Bogart
  • Un actor: Humphrey Bogart
  • Unha actriz: Non teño preferencias
  • Un cantante: Serrat, por suposto
  • Tipo de música: De cantautor
  • Deporte que practica: Pasear, que vou vello [ri]
  • Unha viaxe pendente: Teño moitas... Teño que ir a París

A lista

1. José Manuel Pose Verdes

2. Marco Antonio Varela Vidal

3. Belén Torrado Centeno

4. Eliseo Suárez Trigo

5. María del Carmen Mato González

6. José Luis Pena Suárez

7. Noelia Martínez Suárez

8. Adrián Carlos Laíño Gallegos

9. María Estrella Castro Varela

10. Eduardo Varela López

11. María de la Cruz Rodríguez Mato

12. José Antonio Amado Lema

13. Adrián Carlos Pose Gontad

Suplentes

14. Ángela Varela García

15. Alejandro Santos Rodríguez