Ponteceso acolle este sábado 20 de abril a súa primeira Feira do Libro

Diana Varela, Suso Lista, Miguel Anxo Mato ou María Suárez firmarán exemplares das súas últimas obras


Carballo / La Voz

Coa idea de promover a lectura e de achegar o mundo dos libros á cidadanía, o departamento de Normalización Lingüística de Ponteceso, dirixido polo edil Carlos Penedo, vén de anunciar a posta en marcha da primeira Feira do Libro na localidade. Coincide en datas sinaladas, dado que este 21 de abril conmemórase o Día do Libro. 

«Tendo en conta que vivimos en terras de Pondal e que contamos a día de hoxe cun importante número de escritoras e escritores locais, pareceunos interesante dar este primeiro paso cara a consolidación do que, agardamos, sexa unha nova cita coa cultura e a literatura dentro do noso concello, porque hai grandes libros no mundo e grandes mundos los libros», asegurou Penedo. Varios creadores locais xa confirmaron a súa presenza, así como a editoral Caldeirón, ademais da librería A Tenda dos Libros e Profeshop Books. 

¿E cando será a proposta? Este sábado 20 de abril, a partir das 18.00 horas, na Praza do Recheo, onde ademais se agarda moi bo ambiente dado que se está celebrando a segunda Festa Marisqueira. Diana Varela, Miguel Anxo Mato, María Suárez González (imaxe superior) e Suso Lista estarán asinando exemplares das súas últimas obras a quen se achegue. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Ponteceso acolle este sábado 20 de abril a súa primeira Feira do Libro