A artista MJ Pérez ofrecerá un concerto en Ponteceso, o 6 de abril

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Ana Garcia

Os asistentes, ademais de boa parte do seu repertorio, poderán escoitar o seu último tema revelación, «Malaxente»

29 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

6 de abril • No seu afán de estender o uso da lingua galega entre a mocidade e de promover a música en galego, o Servizo de Normalización Lingüística de Ponteceso programou para o sábado 6 de abril (22.00 horas) un concerto gratuíto a cargo da artista MJ Pérez, unha das voces clave do panorama musical galego. Con tres discos xa autoproducidos, ofrecerá un repaso pola súa discografía, pero tamén permitirá aos que acudan gozar en directo do seu último traballo, «Malaxente», unha fusión entre o famoso tema «Malamente», da catalá Rosalía, e o poema «Castellanos de Castilla», de Rosalía de Castro.

Creou esta peza para homenaxear á poeta padronesa no seu 182.º aniversario e a acollida nas redes foi brutal. MJ Pérez acumula xa un importante palmarés de galardóns e ten pasado nun par de ocasións por Carballo.