Rosalía, querida na Costa da Morte, en Padrón e en Compostela

La Voz

PONTECESO

Varias localidades acolleron actos e dende Ponteceso tamén se viaxou á casa natal da escritora

26 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O 24 de febreiro cumpríronse 182 anos do nacemento da escritora Rosalía de Castro. Autora fundacional, este seu aniversario tivo presenza na comarca, con actos organizados en Fisterra, Cee, Cerceda, Carballo ou Ponteceso, neste último caso dun mes de actividades. A derradeira foi a mesa redonda «Rosalía, de corazón», coas intervencións dos escritores Villo Argumanez, Miguel Losada e Pepa Nieto na biblioteca.

BASILIO BELLO

Se iso foi na xornada de sábado, ao día seguinte, a Universidade Rural Aldea do Couto participaba xunto coa Fundación Curros Enríquez nos actos celebrados en Santiago e Padrón. Viaxaron también un bo grupo de nenos (imaxe superior) na compaña dos Curros, Rosalía e Pondal destes lares. Tomaron parte na ofrenda floral en Santiago e máis no Caldo de Gloria servido na casa natal da padronesa.