Su Garrido, o dúo Caamaño-Ameixeiras e Celso Fernández Sanmartín pasarán polo festival, do 12 ao 19 de maio
05 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Do 12 ao 19 de maio • A organización das Festiletras do Couto, que van xa pola súa 37.ª edición, segue dando a coñecer algúns dos nomes que pasarán por este festival de música e cultura entre o 12 e o 19 de maio. A Che Sudaka, Ezetaerre e Baiuca, primeiras confirmacións feitas hai uns días, sumáronse onte mesmo Su Garrido, o dúo Caamaño-Ameixeiras e Celso Fernández Sanmartín.
Su Garrido vén sendo Susana Garrido Pombo, cantante, artista e compositora galega cun estilo que abrangue xéneros ben distintos: matices de bossa, folk, jazz ou latin. Doutra parte, Sabela Caamaño (pianista e acordeonista) e Antía Ameixeiras (violinista) virán cargadas de folk e ganas, como xa teñen sido vistas hai uns meses nas Torres do Allo. Celso Fernández, da súa banda, traerá contos con pegada: é un mestre da narración oral.