Premios á ilustración en Ponteceso, co certame municipal Castelao

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

ANA GARCÍA

Xa rematou o prazo de entrega de traballos e os gañadores coñeceranse o 1 de febreiro, nun acto presentado por Enma Abella

12 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Entrega de premios o 1 de febreiro • 20.00 horas • Biblioteca municipal • Onte rematou o prazo de presentación de traballos á terceira edición do Certame de Ilustración Infantil e Xuvenil Castelao, convocado un ano máis pola concellaría de Educación, Patrimonio e Asociacionismo de Ponteceso. Nel estaban chamados a participar alumnos de infantil, primaria e secundaria do municipio. Non obstante, non será ata o 1 de febreiro cando se dean a coñecer os gañadores, coincidindo coa semana na que se conmemora o 133.º aniversario do nacemento do escritor rianxeiro. O acto está previsto para as 20.00 horas, na biblioteca municipal, habendo un premio por cada categoría.

A profesora do instituto Eduardo Pondal, licenciada en filoloxía galego-portuguesa e actual membro do xurado, Enma Abella Cruz, será a encargada de conducir o acto, ao que están convidados todos os veciños que desexen acudir. Ao remate, os nenos e maiores terán a posibilidade de gozar do espectáculo musical familiar As párabolas de Pakolas, no que o músico e compositor Paco Cerdeiras combinará cancións de rock e outros estilos con historias e contos para así crear, «en forma de parábola, unha mensaxe final que convidará á reflexión e á aprendizaxe», indican dende o Concello.

Na imaxe, entrega de premios da primeira edición deste concurso.