Os 9 millóns

Lois García Carballido

PONTECESO

02 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

orzamento real hai que miralo a fin de ano. Cos suplementos e modificacións de crédito de finais de 2014, José Luis Fondo elevou o seu último orzamento de gastos como alcalde a 4,4 millóns. Despois de subir todos os impostos dous anos seguidos, o único que conseguiu o señor Fondo foi deixarnos 5,5 millóns de débeda.

Este mes de decembro, Ponteceso vai chegar a 9 millóns de orzamento de gastos. Con todos os impostos e taxas conxelados todo o mandato. Os investimentos reais, obras e adquisicións, como o novo camión do lixo -investimentos que Fondo non conseguía subir de 900.000 euros- van ir a 3,7 millóns de euros este ano.

Señor Fondo, os números cantan moito. ¿Se xestionamos tan mal o Concello, cómo conseguimos liquidar dous préstamos -un de 1.000.000 de euros, nada menos- no que vostede meteu aos veciños? Agora o pago da débeda é cero, co seu goberno perdíamos 600.000 euros por ano en pagar xuros e devolver préstamos que vostede gastou en botar gravilla.

Porque o señor Fondo non nos endebedou para crear unha residencia de maiores, nin unha piscina climatizada, nin ampliar o parque empresarial. As pistas de aglomerado e pintadas, os xardíns verdes e ben coidados, as rúas limpas, a maquinaria ben gardada nunha nave industrial, os 150 quilómetros de pistas do monte desbrozadas... Non se conseguen con 2 millóns de euros en facturas no caixón. Onde estaría Ponteceso con 4 millóns máis de euros en obras e servizos públicos? Iso foi o que tivemos que destinar a baixar a débeda municipal. Como a Fondo lle fastidia que Ponteceso teña superávit, incluso vota en contra das obras.

Lois García Carballido é o alcalde de Ponteceso.