Campaña da lingua no Eduardo Pondal

La Voz

PONTECESO

Ana Garcia

Os alumnos do instituto de Ponteceso recibiron a Davide Salvado

14 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O alumnado do instituto Eduardo Pondal de Ponteceso participou onte na campaña de divulgación O galego, a miña lingua propia. Mantiveron un encontro co músico Davide Salvado, especialista na procura e na recuperación dos sons populares. Na organización do acto tamén estaba Carlos Penedo, que leva o servizo de normalización.