Davide Salvado, en Ponteceso, coa campaña «O galego, a miña lingua»

La Voz

PONTECESO

José Manuel Casal

Manterá unha cita o vindeiro martes con alumnado do instituto Eduardo Pondal

10 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Martes • Alumnado do instituto Eduardo Pondal de Ponteceso tomará parte o vindeiro martes, día 13, na campaña de divulgación lingüística «O galego, a miña lingua», impulsada desde á área de Normalización da Deputación. Percorre centros de ensino da provincia para poñer en valor este idioma entre os máis novos, como ten feito esta mesma semana no IES Monte Neme da man da escritora carballesa-muxiá Rosalía Fernández Rial. Desta volta, chega a Ponteceso coa colaboración do Servizo de Normalización municipal, e consistirá nun encontro cultural con Davide Salvado, unha das voces galegas máis carismáticas dos últimos temposA cita do martes incluirá unha charla de carácter sociolingüístico orientada a favorecer a vivencia positiva da lingua galega, fronte a tópicos e prexuízos.