Redes sociais

Alberto Castro Lamas TRIBUNA ABERTA

PONTECESO

08 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Aaproveito o articulo publicado o 18 de outubro na sección Crónica Ciudadana Los entresijos de las redes sociales para abundar nese senso. Estando na maior parte de acordo do que se di, gustaríame engadir o seguinte: os bulos nas redes sociais son inevitables e están a orde do día. Poida que nalgúns casos fágase por ignorancia, de boa ou mala fe, e noutros se é totalmente consciente do que se di. Tamén está a posibilidade de contrarrestalos desde as propias redes sociais ou nos medios de comunicación, que, por outra banda, os políticos manexan con especial destreza. E, por suposto, é importante distinguir entre as publicacións ou artigos de opinión e os de afirmación. En canto aos insultos, sen fundamento acaban volvéndose contra quen os pronuncia. Respecto a os políticos, dicir que a min non me dan absolutamente ningunha pena, porque a maioría eles (dende o meu punto de vista) son os causantes dunha sociedade decadente de valores, cando deberán ser o espello onde todos nos reflectimos, e o son! Pero para mal, así que……, Daquelas augas estes lodos.

Dicía o articulo que se sabia dun alcalde que quere meter man a supostos grupos. Pois eu sei dun exalcalde e un alcalde, que tamén habería que meterlles man, porque a súa carencia dos citados valores levounos a un moi mal proceder, neste caso empeñándose en eliminar da propiedade pública un ben común para permitirllo a un particular, sen importarlle levarse por diante a quen en loita desigual se opoñía a que esta inxustiza se producira, non se abstiveron de represaliar, ningunear, mofar e, incluso, chamar a Garda Civil para expulsar da sala de plenos ao que subscribe, cando lía un documento oficial que o alcalde de turno non lle gustaba escoitar, porque lle caía a mascara en público.

Pois ben, os dous valentes que me refiro non son outros que o exalcalde de Ponteceso José Luis Fondo Aguiar e o actual, Lois García Carballido, que se quedaron retratados desde que a Direción Xeral de Patrimonio recentemente dixo, que a Fonte-lavadeiro de Canasteves entraba dentro do Catalogo de bens protexidos e o Concello de Ponteceso quedaba obrigado a protexer dito ben e reverter a súa situación de calamitoso deterioro.