TRIBUNA ABERTA | Unha aberración en Ponteceso

La Voz

PONTECESO

SANTI GARRIDO

Carta remitida por José Luis Fondo Aguiar, voceiro do PP pontecesán

01 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha chapuza a da obra no edificio da Casa do Concello, que agride o patrimonio local. Preguntámonos como o concelleiro de Patrimonio, o señor Casmartiño, e o señor alcalde, García Carballido, permiten semellante aberración. O edificio orixinal, construído en 1927 e rematado no 1930 sobre un soar cedido pola familia de Pondal, constitúe un elemento máis do noso patrimonio. Co goberno do Partido Popular acometérase a ampliación, separando ámbolos dous edificios co obxecto de preservar a singularidade do orixinal. O goberno actual vén de acometer unha obra que racha con esa separación, da que non se nos informou, a pesar de pedir información, contestando que, como era «obra menor», non había expediente sobre esa actuación.

Non nos sorprende moito que nin Carballido nin Casmartiño, que non son de Ponteceso, non saiban sobre o valor do edificio, construído con achegas de familias da localidade para poñelo en pé. Sorprende, iso si, que un veciño do lugar, e tenente de alcalde e responsable de Obras, Pose Verdes, permitira tal aberración, se non foi el o artífice. A outras aberracións xa nos ten acostumado, algunha visible, como o esqueleto da A. C. Río Anllóns, á beira do río. Pero isto roza a pasividade absoluta por preservar un edificio construído a base do esforzo da veciñanza, e que forma xa parte do patrimonio local. José Luis Fondo Aguiar, voceiro do PP de Ponteceso.