O bardo pontecesán, Eduardo Pondal, como investigador celta

X. M. Varela

PONTECESO

30 jul 2018 . Actualizado a las 18:13 h.

Unha faceta de Eduardo Pondal que escapa ao público é a de investigador de campo para o seu amigo Manuel Murguía, para a RAG ou mesmo para a construción do seu mundo poético. Hai anos, o profesor Manuel Ferreiro publicou unha colleita de léxico que o autor do Himno galego preparou para o dicionario da RAG. Manuel Forcadela rescatara tamén un traballo titulado Toponimias del pequeño valle de Puenteceso.

Vimos de localizar un artigo que Pondal publicou en El Diario de Santiago co título Apuntes acerca de la época céltica de Galicia. Data do martes 21 de xullo de 1874. É a noticia principal de portada. Nela anticipa, cunha ducia de anos de antelación, o seu interese polos elementos arqueolóxicos tan presentes en Queixumes dos pinos (1886). Está asinado coas siglas E.P., aínda que a redacción corresponde a un xornalista desa cabeceira compostelá.

Iníciase amosando como chega a información ao xornal: «Nuestro querido amigo Don Eduardo Pondal ha tenido la amabilidad de confiarnos su cartera, de la cual entresacamos algunos curiosísimos datos acerca de los monumentos de una raza que, por la oscuridad que envuelve su origen, casi podemos llamar prehistórica». Aquí aparece unha pertenza de seu importante. Da coñecida «maleta» pondaliana, pasamos á «carteira», onde posiblemente levase os apuntamentos de campo ou bosquexos de poemas. Imaxinamos a Pondal dacabalo, na compaña de Farruco da Bouza e coa súa «carteira».

A continuación, o redactor salienta o traballo de Pondal a modo de exemplo para outros, así como para a reconstrución do pasado céltico do país: «Si nuestro amigo fuese imitado en sus investigaciones por los hombres de talento o de juicio en sus distritos y provincias, no sería a buen seguro tan espinosa la tarea del historiador, que apenas cuenta con más datos que su observación particular para ver a que atenerse con respecto a los monumentos célticos en Galicia».

De seguido, expón con emoción os achados: «Publicamos, pues, con verdadera satisfacción los apuntes del Sr. Pondal». Sorprende que un dos espazos poéticos pondalianos, o poema amoroso Ouh, rosa de Corcoesto, sexa o que maior número de dolmens presenta: «En el monte Codeiro [Cudeiro], cerca de Corcoesto, hay 46 dólmenes célticos (arruinados)». Seguindo nesta parroquia de Cabana, localiza «uno o dos cerca del puente de Cardeso [Cardezo]». Tamén neste concello: «Dos en Borneiro, camino de Vilaseco a Fontefría; otro cerca de Iñaño». Supoñemos que un deles sería o de Dombate. Despois Pondal viaxa ás terras de Ponteceso, e na ladeira do monte Faro: «En el camino de Cormes [Corme] a Brantuas, sobre la vertiente que descende del Faro a esta última parroquia, unos seis o siete», ademais de «otro, camino de Brantuas a Carballido yendo por la dehesa del Rey».

Noutro espazo poético pondaliano, Pinal de Tella espeso localiza: «ocho o diez en el monte de Tella, llamado de la Mina, y en el de Seixos de Angame» e no camiño «que conduce de Tella a Tallo, en un paraje inculto, como unos ocho». Por Carballo tamén bate con pegadas celtas: «uno en una chousa que está al Norte del pinar llamado de Labarta, y otro, en la altura de Mirón». Nas terras de Gonzalo López Abente considera «la piedra vacilante de Mugía como un fenómeno enteramente natural»; non un resto arqueolóxico celta.

Por último, destaca que non encontrou «menhires, barros, cromlhechs (sic) ni otro género de monumentos célticos, a no ser los castros, en el territorio de Bergantiños» e clasifica a Pedra da Serpe como unha ara: «sospechamos que sea un altar céltico la llamada Serpenta, que hay a la bajada de la cuesta de Gondomir [Gondomil], parroquia de San Adrián de Corme».