Ciencia na Universidade Rural: «Ferrados, memoria e algún becho»

Luisa Martínez, Elena Vázquez e Casto Rivadulla falarán de xeometría, técnicas para mellorar a memoria ou léxico mariñeiro, entre outras moitas cousas

.Unha xornada anterior da Universidade Rural do Couto
Unha xornada anterior da Universidade Rural do Couto

Carballo / La voz

Hoxe • De 17.30 a 19.00 horas • Casa dos Veciños do Couto (Ponteceso) • Nova actividade no marco da Universidade Rural do Couto, aínda que neste caso aberta a todo o público interesado en asistir en intercambiar coñecementos cos relatores.

Liderada pola Asociación Galega de Comunicación e Cultura Científica e Tecnolóxica (AGCCCT), ao longo da tarde intervirán como poñentes Luisa Martínez, vicepresidenta e oceanógrafa da UCC e do CSIC Galicia, Elena Vázquez, matemática na Universidade de Santiago de Compostela e Casto Rivadulla, neurocientífico na Universidade da Coruña.

Dende as cordas de 12 nudos dos exipcios ata os ferrados da Costa da Morte, a xeometría é un instrumento para fixar os marcos das fincas. Ese será un aspectos nos que afondará Elena Vázquez, mentres que Luisa fará un repaso polo léxico mariñeiro das Rías de Corme e Laxe e Castro Rivadulla ofrecerá consellos para mellorar a memoria e contará qué é o que sucede no cerebro humano cando unha persoa aprende algo novo, lembra un recordo ou se esquece de algo.

Newsletter Educación

Recibe todas las semanas la información más relevante sobre educación

Votación
0 votos
Comentarios

Ciencia na Universidade Rural: «Ferrados, memoria e algún becho»