«Quédanos un longo camiño pero o importante é a vontade»

La Voz

PONTECESO

Ana Garcia

O xogador de fútbol praia Ramiro Amarelle confía no futuro do ecolóxico

21 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

«Na casa estamos moi concienciados, temos en toda a familia bastante aceptación por ese tema e traballamos tamén neste sentido nas actividades que facemos cos nenos e coa praia», así se expresa Ramiro Amarelle, o que está considerado por moitos como o mellor xogador de fútbol praia da historia. Aproveitando a súa visita a Ponteceso, lugar do que procede, participou tamén no programa Ecovoz.

El, que percorreu milleiros de praias por todo o mundo, viu o problema de cerca: «Sendo sincero ves moito, en China vin un par de praias que non podía entender como podían chegar a esa situación de abandono, aquí moito mellor», di. Afonda na idea do positivismo: «En xeral temos un sentido bastante ecolóxico do coidado da praia, tería que ser mellor, pero estamos arrancando e sempre é bo ver as cousas con positividade, quédanos un longo camiño pero o importante é a vontade».