Iniciativa en Ponteceso para a promoción do idioma galego no ámbito do comercio local

La Voz

PONTECESO

12 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Para tendas de roupa, complementos, zapaterías, librerías, comercios de artigos de pesca, xoiarías, teas, ópticas, parafarmacias ou espazos de venda de pequenos electrodomésticos. Para os máis variados sectores vai destinada unha campaña de promoción lingüística que, próximo o 17 de maio, vén de poñer en marcha a concellería de Normalización Lingüística, dirixida polo nacionalista Carlos Penedo. Trátase de fomentar o galego máis alá do ámbito cultural e educativo e para iso ten a colaboración da Asociación de Empresarios. Trátase de implicar aos comerciantes, de concienciar sobre as vantaxes do uso do galego, para a normalización do idioma. En próximas datas faráselles chegar un lote de produtos editados en galego, no que se incluirán bolsas co lema «Merca no comercio local. Merca en Ponteceso», carteis anunciadores das rebaixas e adhesivos para os agasallos.