Flores e versos para pechar na Coruña o Ano de Pondal

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

ANGEL MANSO

A Fundación pontecesá organizou un acto no que tamén tomou parte a Consellería de Cultura

17 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Cun recital de versos e cunha ofrenda floral nos Xardíns de Méndez Núñez coruñeses, ao pé do busto alí instalado, remataron onte as actividades conmemorativas do Ano de Pondal, autor do Himno de Galicia, no centenario do seu pasamento. O acto, organizado pola Fundación Pondal, representada polo seu xerente, Xosé María Varela, contou tamén co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que gabou a figura do bardo como «piar do noso Rexurdimento», así como o traballo da fundación que preserva o seu legado e a colaboración coas entidades Curros Enríquez e Rosalía. Alumnos de centros de Ponteceso e de Mondoñedo -terra de Pascual Veiga, quen musicou o himno- tamén estiveron presentes, así como o secretario xeral Valentín García; o alcalde de Ponteceso; ou o edil de Cultura coruñés.