A reparación da Ponte da Garga

Luis Giadás

PONTECESO

Jose Manuel Casal

As obras de Anllóns, Ponteceso, que levan meses pendentes, tiveron un precedente moito maior

15 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Segundo o historiador ilustrado Sebastián de Miñano y Bedoya, a Ponte da Garga do Anllóns era, en 1829, de madeira con piares de pedra: de pedra eran os estribos de entrada e de saída e a única cepa intermedia que dividía en dous ollos o paso da auga.. Pero o resto da ponte era de madeira montada sobre trabes, con reforzo de tenedores apoiados nas caras internas da cepa e dos estribos (A Ponte da Garga de Ceide, entre as parroquias de Sísamo e de Oca estaba construida enteiramente en pedra, o mesmo que as Pontes de Verdes e do Ceso). Os xeógrafos Pascual Madoz, en 1849, e Juan Bautista Carrasco, en 1861, ratifican a existencia desta ponte mixta da Garga do Anllóns.

O 17 de xuño de 1839, o pedáneo de Allones advirte sobre a ruina total da ponte, «para que non fosen da súa conta os danos e prexuízos que se ocasionen coa devandita ruina e que só o lugar de Allones tiña obriga de restaurarlle».

Os mestres canteiros Pascual Búa e Manuel Caramés, cos carpinteiros Marcos Castiñeira e José Vidal verificarán o recoñecemento daquela obra, namentres que o alcalde remite o expedente á Deputación Provincial (organismo creado só tres anos antes pola Raíña Gobernadora María Cristina de Borbón e Dúas Sicilias), «manifestando tamén se na Devesa Nacional daquel pobo haberá madeira dabondo, co obxecto de obter a oportuna licencia do xefe político (o gobernador provincial)». A Devesa Nacional de Anllóns era o actual Pinar do Rei, na banda da Garga, no alto, por detrás da Miñata.

Na sesión municipal do 6 de febreiro de 1840, José Pondal del Pozo, alcalde do Concello da Bugalleira e curmán do Bardo, informa dun recurso presentado por Francisco Martínez y Pablo Pose, pedáneo e celador respectivamente de San Félix de Allones, expoñendo «atoparse en estado de ruina a ponte do dito pobo e que necesita de reparación». «É xusta esta solicitude -responde o alcalde- pero, ata hoxe, o Coto de Allones foi o único que coidou da construcción e reparación, polo que o pedáneo reúna ós vecinos do pobo de Allones para que -baixo a súa responsabilidade de tódolos danos e prexuízos que ocorran- traten da reparación e restauración inmediatamente, polos medios máis breves e arreglados. En oito días de prazo, poñerase este alcalde de acordo co de Cabana».

Setenta anos

Malia a premura que quere meter José Pondal o certo é que, setenta anos despois, o 4 de xuño de 1910, a Comisión de Policía Urbana e Rural do Concello de Ponteceso abre un expedente de reparación da Ponte Allones ou Ponte da Garga, «coa mayor urxencia, debido ao estado ruinoso no que se atopa».

Este é o informe do 15 dese mesmo mes, asinado por José Mato e Severiano Mesía, farmacéutico e amigo íntimo de Eduardo Pondal: «As trabes de ámbolos dous tramos teñen as puntas case podres, sosténdose grazas aos tenedores nos que se apoian, os cales tampouco resistirán ó vir as augas do próximo inverno, sendo, polo tanto, de urxente necesidade reemprazar unhas e outros durante o estío: Para esta reparación, moi costosa polo elevado prezo da madeira de carballo das dimensións que se precisa, sería de moi curta duración. Necesítanse oito trabes, catro para cada un dos dous ollos ou tramos, cando menos de oito metros de longo, pois miden sete e medio de luz, e o espesor conveniente, de clase ademais superior e sen sámago».

Engade: «Estas trabes atópanse con grande dificultade, se cadra lonxanas, e a prezo cada unha de 120 a 130 pesetas, sen contar a obra de man e a condución. Máis doadamente se atoparían de piñeiro e a prezo máis reducido, só que o piñeiro do país é de moi pouca resistencia e curtísima vida. En troques,é abondosa a pedra de granito, fácil de extraer e de traballar,e, seguramente, podería arribarse con máis economía a realizar a obra de reparación, substituíndo a madeira con pezas de cantería. A única dificuldade coa que se tropeza é a distancia dos estribos á cepa intermedia: para vencela, terían que utilizarse columnas intermedias ou arcadas, indicadas nos planos adxuntos. Se ademais da prestación personal para o carrexo de materiais e servizo aos operarios, facilitasen os veciños o granito, é do parecer que debe optarse pola reparación con pedra, xa que de madeira boa resultaría moito máis custosa e de pouca duración».

Di asimesmo o informe: «Tamén debe terse presente que, para esta obra, só se contan con 500 pesetas consignadas ao orzamento, pero, se por esta suma, pódese acadar a cantería necesaria subastada convenientemente e a veciñanza préstase, como é de presumir, a facilitar os auxilios necesarios, se cadra se arribe á construcción das arcadas ou á armazón sobre columnas en substitución das trabes, dentro do próximo estío e parte do outono, deixando para o ano inmediato a terminación da obra ; e, en todo caso, sempre resultaría unha vantaxe grande a adquisición e carrexo dos materiais preparados xa, para utilizalos cunha nova consignación, porque a falla de recursos e penuria do municipio non consinte realizar a reparación dunha soa vez.

Se a situación económica o consentira e a consignación fora de 3.000 ou 4.000 pesetas, na vez de simples arcadas ou armazóns de cantería sobre columnas intermedias, edificaríase a ponte de arcos completos, reconstruíndo primariamente os estribos, gastándose as 3 ou 400 pesetas que costarían o proxecto, plano e presuposto previos, autorizado por un enxeñeiro e, ademais, os dereitos que devengase o facultativo inspeccionando as obras. Isto é imposible e como a reparación é de urxente necesidade, haberá que facela do único xeito que o presuposto consinte, por administración, e utilizando os coñecementos prácticos dos obreiros do país».

O prazo para a entrega de tódalas pezas a que este contrato se refire será ata o 16 de agosto próximo. Total do presuposto: 500 pesetas.

La empresa Ogando realizará las obras

La mejora de la Ponte da Garga de la parroquia pontecesana de Anllóns no tendrá que esperar tanto ahora como en los últimos años del siglo XIX y primeros del XX. La firma del contrato está pendiente, pero ya se conoce que la empresa muxiana Ogando se encargará de las obras. La suya ha sido la firma ganadora de una licitación que salió por un tope de 177.000 euros, y que financia en su integridad la Diputación de A Coruña, según recordó ayer el alcalde, Lois García Carballido. Ayer se celebró una reunión técnica entre la empresa y el director de obra, de Durán Ingenieros, la misma compañía que realizó el proyecto que encargó la Dirección Xeral de Patrimonio, y que también se había encargado del puente de A Pontedona, no muy lejos. Los trabajos comenzarán en breve, y tiene un plazo de ejecución de dos semanas.