Xornada sobre Mosquera Manso no colexio de Corme

La Voz

PONTECESO

Jose Manuel Casal

David Ballesteros faloulles do navegante nacido na localidade aos alumnos das Forcadas

14 jun 2017 . Actualizado a las 04:00 h.

O programa de actos co que a Fundación Eduardo Pondal está a celebrar o centenario da morte do Bardo de Bergantiños fixouse onte noutro veciño senlleiro do municipio pontecesán para compartir a súa historia cos rapaces da súa vila natal.

O divulgador David Ballesteros, coordinador das Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal que promove a entidade con sede no Couto desprazouse en horario matinal ata o colexio As Forcadas, de Corme, para impartir unha sesión sobre José María Mosquera Manso (1886-1968), navegante, oceanógrafo e ictiólogo que realizou diversas investigacións no río Orinoco (Venezuela) e estudou a posible orixe galega do descubridor de América, traballo que plasmou no libro La cuna gallega de Cristóbal Colón.