«Dedicámonos en corpo e alma a sanear o Concello»

La Voz

PONTECESO

Xosé Lois García Carballido ten 41 anos e mantén o seu traballo de profesor de inglés, que conxuga coa alcaldía

03 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Xosé Lois García Carballido ten 41 anos e mantén o seu traballo de profesor de inglés no colexio As Revoltas de Cabana, polo que exerce de alcalde polas tardes e nos días libres.

-¿Como valora estos dous anos de mandato?

-Dedicámonos en corpo e alma a sanear o Concello, porque o principal problema era unha débeda de 5,5 millóns de euros. Cando chegamos había ademais una multa de Augas de Galicia polo pozo de tormentas de Corme e un contrato caducado de mantenemento que custaba 7.000 euros ao mes.

-¿Como funciona o goberno tripartito?

-Satisfactoriamente. Cada grupo ten a súa visión de como se deben facer as cousas na súa área e todo vai funcionando, pero estamos moi condicionados pola débeda. Estamos centrados en negociar coas empresas e os autónomos para pagarlles o antes posible e na xestión do día a día. Tiramos moito de subvencións, sobre todo da Deputación. Menos mal que entrou Valentín González e dá o 100% da axuda, o que vai moi ben para os concellos que teñen problemas financeiros coma o noso. Homologamos a escola de danza e conseguimos por primeira vez 8.500 euros. Buscamos recursos onde os hai para financiar servizos.

-¿Como quere que sexan os próximos dous anos?

-Non só imos seguir corrixindo a situación económica, senón que pensamos realizar investimentos estratéxicos para que o Concello sexa atractivo non só para pasear, senón para vivir e traballar e tamén para montar empresas. Queremos que cando a xente veña ao Melga ou a facer un roteiro pondaliano se quede. Pero o principal é acabar coa débeda, porque aínda quedan más de dous millóns de euros. Levabamos dez anos con remanentes negativos, porque se orzamentaba con números redondos. O do 2016 foi o primeiro orzamento real e temos 400.000 euros de superávit.