O Couto pecha un Festiletras máis cargado de éxitos

La Voz CEE / LA VOZ

PONTECESO

Xosé Ameixeiras

Onte foi un día de festa na aldea pontecesana

22 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa faltan as palabras para definir o que a nivel cultural, social e comunitario están a conseguir dende fai moitos anos os veciños de O Couto (Ponteceso) con moitas actividades, pero especialmente co seu Festiletras, que acaba de rematar e que é visto por admiración por profesionais de cultura e por vilas moito máis grandes.

Despois do intenso programa desenvolvido, onte foi sobre todo un día de festa, na contorna dunha gran churrascada e coa música como protagonista. Xa pola mañá comezou a animación na feira de artesanía, pero foi a foliada da tarde e, sobre todo, o concerto de Luar na Lubre a que puxo a guinda dunha cita ineludible do calendario comarcal.