Artesanía para completar o primeiro terzo dos actos do centenario de Pondal

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Ana Garcia

Onte celebrouse un roteiro sobre a creación local

02 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O programa dos 100 actos para o centenario co que a Fundación Eduardo Pondal conmemora os 100 anos da morte do Bardo de Bergantiños está a piques de completar o seu primeiro terzo. Onte, aproveitando a celebración dos Días das Artes Galegas a entidade programou un roteiro de exaltación da creación local, que levou aos participantes ata a localidade de Buño e a parroquia pontecesá de Xornes para visitar a Casa do Oleiro, o Ecomuseo Forno do Forte e o Pazo de Sergude. O artesán Fran Gorín, o arqueólogo Paco Doval e a profesora María Pousa foron os respectivos anfitrións desas tres paradas.

Próximas actividades

A de onte foi a vixésimo novena cita dun calendario no que xa agardan a súa quenda a Foliada de Cerqueda (o próximo sábado), o campamento Pondal nas Mariñas (os días 10, 11 e 12) e o intercambio con Meicende (21). Tamén se desenvolverá este mes unha xornada de xogos no Castro de Borneiro (día 22), unha visita co colectivo A Rula aos petroglifos de Corme e a instalación dunha escultura do Pino de Pondal que Enrique Tenreiro regalou á Fundación. Máis de 20 empresas e entidades colaboraron para facer posible este primeiro terzo do programa.