Cupón da ONCE con Pondal e Banquete de Conxo

La Voz

PONTECESO

Hoy se presenta el boleto en homenaje al bardo

01 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá • O mes de marzo comeza forte para a Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso. Hoxe, ás 12.00 horas, na sede da Real Academia Galega (RAG), a ONCE dará a coñecer o cupón dedicado ao poeta Eduardo Pondal que se distribuirá o vindeiro xoves 9 de marzo: serán cinco millóns e medio de exemplares. Para o acto está prevista a asistencia do delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o presidente da Fundación Pondal, Lois García Carballido; e o xerente da entidade, Xosé María Varela.  

Mañá, 2 de marzo, conmemorarase o Banquete de Conxo. O alumnado de quinto e sexto de primaria do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso e do CEIP As Forcadas de Corme, acompañados polo seu profesorado, polo concelleiro de Educación, Carlos Penedo, e por un membro da Fundación, serán recibidos en Compostela por representantes de todos os grupos políticos con presenza no Parlamento. Na actividade colabora o Concello.