Carballido sobre el conflicto con los trabajadores: «O que aquí hai é iso, unha especie de 23-F»

V. Couto / T. Longueira CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Ferreiro

El regidor espera dejar este año a cero la deuda con proveedores

01 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

El conflicto laboral que el gobierno local mantiene con los trabajadores municipales y funcionarios acaparó ayer parte del Cita co Concello de Radio Voz Bergantiños. El alcalde, Lois García Carballido, dio su versión de cómo se encuentra este litigio: «Creo que a oposición política, o exalcalde e o Partido Popular estanse equivocando. Cando eu era voceiro na oposición, a miña oposición era unha oposición en positivo. Levaba mocións a todos os plenos, levaba preguntas, presentei iniciativas practicamente sobre todos os temas importantes. Acudía a ver expedientes. Agora, a oposición dedícase máis ben a manipular. Estivo moitos anos no goberno e o exalcalde ten moi boa relación cunha serie de traballadores». Y añadió: «Digamos que unha contía de traballadores moi pequena están pagando favores recibidos. Son estómagos agradecidos. Teñen unha gran unión e actúan en conivencia co exalcalde. Entón aquí o que hai é iso, unha especie de 23-F. Houbo un cambio de goberno, un cambio de réxime, pero hai unha serie de sectores que seguen descontentos, teñen nostalxia do anterior».

Según el mandatario, los empleados municipales actúan de forma errónea. «Aí equivócanse. O pobo de Ponteceso, de forma democrática decidiu unha nova maioría. Cando haxa eleccións no 2019 xa se votará unha nova maioría. Son as eleccións as que mandan. Os traballadores deben estar ás súas funcións. Eu non imaxino na Xunta de Galicia que haxa unha serie de funcionarios que estean todo o día intentando evitar que Feijoo poida sacar adiante as súas políticas. Ou na Deputación. O que ocorre en Ponteceso é que hai unha parte pequena de traballadores que non quere que se saque adiante os traballos, os proxectos. O noso goberno paga todas as nóminas ao final de mes. Teñen os seus dereitos recoñecidos e deben colaborar». García Carballido dijo que está a la espera de concretar un nuevo convenio colectivo «ao longo deste ano», así como la fijación de nueva relación de puestos de trabajo.

Deuda. El alcalde comentó al respecto: «Teño que dicir aos acredores que negociamos todos os días quitas e acordos de pagamento. A todas aquelas persoas, a todos aqueles autónomos que teñan dereitos co Concello anteriores á nosa chegada ao Concello quero dicirlles que teñen as miñas portas abertas para falar, discutir e analizar, con criterios técnicos, toda esa débeda e devolvela o antes posible. Sempre en termos positivos». Y anunció una buen noticia: «Espero deixar este ano á débeda de facturas a cero» gracias en gran medida a las aportaciones económicas de la Diputación.

POS+. «A nosa prioridade era rematar A Ponte da Garga. A Xunta non quixo poñer un só euro e limitouse a encargar o proxecto de restauración. E lográmolo entre unha subvención nominativa da Deputación e o programa POS+. Nada máis se aprobe o POS+ sacaremos a licitación a obra, para que se execute en verán», explicó el regidor de Ponteceso.

A Ponte da Garga. «Estou tranquilo. Houbo unha actuación relampo, con fondos propios. Un arranxo de emerxencia para o mantemento da estrutura durante o inverno. E o máis importante é que logramos reabrir o tráfico aos peóns», dijo.

EDAR de Corme. «Tivemos unha xuntanza en Augas de Galicia e o novo director asegurounos que antes de xuño ou xullo non podería ter fondos liberados para conseguir abordar unha mellora nesa instalación». Carballido valoró de forma positiva los trabajos efectuados desde octubre del 2015 y aseguró que las analíticas de las playas del municipio han dado un resultado «excelente».

Senda en Lestimoño. «É un proxecto, do ano 2009, que está aprobado pola Deputación ao ser unha vía provincial. O que sucede é que cando se fixo o plan xeral non se colocaron esas sendas no plan xeral e non remitiron esas novas alienacións ao equipo redactor e á Xunta. Polo tanto o retraso desa obra débese á tramitación urbanística e niso estamos. Tan pronto estea todo rematado faremos estas sendas».

Pistas en Ourada. «Cando veñan os fondos arranxaranse estas pistas. Acumulan moita auga e levan anos sen facerse nada. Temos feito o proxecto e cando teña o orzamento feito e chegue o verán esperamos poder acometer esta actuación e moitas máis».

Porto de Corme. «O gran obxectivo para este ano é lograr un gran investimento e o ano que vén intentar lograr ese acceso de Corme».

O Recheo. El mandatario explicó que ya tiene el visto bueno de Patrimonio para proceder al traslado de los árboles. El proyecto ya está cumplimentado por importe de 254.000 euros y tan pronto le sea posible, lo sacará a contratación.