A regueifa demostra a súa vitalidade no Couto

La Voz

PONTECESO

Ana Garcia

A presentación do libro de Ramón Pinheiro Almuinha Repente galego foi a desculpa para a celebración dunha intensa xornada 

19 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Os regueifeiros veteranos da comarca e os mozos que se animaron a coller o testemuño para preservar esta «manifestación artística retórica» responderon onte á chamada da Fundación Eduardo Pondal acudindo ao Couto (Ponteceso) e demostrando que a tradición está moi viva.

A presentación do libro de Ramón Pinheiro Almuinha Repente galego (denominación xenérica que agrupa á regueifa e outras formas orais semellantes) foi a desculpa para a celebración dunha xornada que arrancou co autor e con Sergio de la Ossa -responsable das transcricións e os comentarios musicais da obra- explicando a súa natureza e a súa evolución destas formas. Proseguiu despois cunha demostración de talento e enxeño dialéctico por parte dos artistas presentes.