O dinamismo do rural aflorou no Couto con iniciativas «fantásticas»

Dez entidades, empresas e organismos públicos expuxeron os seus proxectos de varios lugares de Galicia

<span lang= gl >A Fundación Pondal serviu de punto de encontro para os emprendedores do rural. </span>
A Fundación Pondal serviu de punto de encontro para os emprendedores do rural.

O rural ofrece inmensidade de oportunidades. A imaxinación está na realidade de tódolos días, veu a dicir onte no Couto Elena Ferro, a cabeza visible dunha familia artesá que puxo os zocos de moda. Foi no encontro de Aldeas singulares no marco das Festiletras, en O Couto (Ponteceso). Na Fundación Pondal tivo lugar unha especie de mesa redonda na que dez entidades, empresas ou organismos explicaron os proxectos que levan a cabo en diversos espazos rurais. Pechou a reunión Jaime Izquierdo Vallina, xeólogo, escritor e especialista en desenvolvemento rural asturiano defendendo á volta á aldea pero sen perder calidade de vida nin dignidade.

Manuel Mouzo Olveira, presidente dos montes de Montecelos (Carnés), resumiu como a idea de soltar gando vacún da raza vianesa xera carne de gran calidade para os socios e mantén os montes limpos e sen incendios. Jesús María Calo Faraldo, presidente da Cooperativa Agraria Provincial, deu razón de como aportan apoio técnico ós produtores socios, os datos de éxito da Granxa O Cancelo e a gran aceptación que ten Bico de Xeado, un produto de calidade en expansión.

Venancio Miniño, da comunidade de montes de Mougás (Oia), apuntou a mellora dos terreos forestais, con incorporación de especies como o aguacate, o aproveitamento da brea, novas plantacións e a conversión das escavacións dun castro e uns petróglifos como factor de incremento de ingresos e visitantes.

Paula Rivela, de O Fontao (Vila de Cruces), achegou a recuperación da historia local do pobo mineiro e a implicación dos habitantes de máis idade no proxecto.

Elena Ferro fixo un repaso polo século de historia do taller artesá da súa familia, que elabora zocos de gran éxito. Lola Tourón puxo ao día aos presentes encol do taller de cestería no Couto, mentres que o axente de desenvolvemento de San Sadurniño, Ignacio Fernández, e Suso Soto, deputado provincial, falaron de iniciativas como arboredo ou a reconversión dun municipio en estado de abandono nun lugar atraínte para vivir. Luis García disertou sobre as características da formación rural no seu centro Fonteboa de Coristanco e Manuel Pereiro, de Cría Cabalar Monte Faro (Vimianzo) lembrou o proceso de repoboación de cabalo silvestre. Jaime Izquierdo Vallina, que chegou dende Asturias, razonou coa brillantez que o caracteriza sobre os cambios na educación no seo das familias rurais, os novos modos de produción e os modelos de convivencia.

Marcos Pérez, de Mercado de la Cosecha, resumiu como «fantástico» o encontro, cuxo formato dinámico loou. Na súa opinión, onte no Couto viu que están enganados os que din «que non hai dinamismo no rural» e que, en contra dos tópicos, «hai iniciativas fantásticas».

Encontro aldeas singulares

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O dinamismo do rural aflorou no Couto con iniciativas «fantásticas»